Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

O 7 de xullo remata o prazo para que o alumando que acadou neste ano académico o título da ESO, cunha media dos catro cursos da ESO igual ou superior a 9 poida solicitar a realización dunhas probas das que se extraerán ata 20 estudantes que recibirán unha mención e dotación económica. 

A proba estrutúrase en dúas partes:

  • Lingua castelá, lingua galega e primeira lingua estranxeira 
  • Xeografía e Historia e Matemáticas (A ou B, segundo teña cursado o estudante)

A solicitude farase preferiblemente online, de acordo coas instrucións.



page | by Dr. Radut