Skip to Content

ACTUACIÓN DE FIN DE CURSO PARA 1º DE BACHARELATO

 O calendario que segue está elaborado segundo as  Instrucións do 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas  e das decisións de promoción e titulación para o curso 2022-23

 

 

De non estar conformes coas cualificacións as persoas que representen ao alumnado menor de idade, poderán solicitar unha revisión da cualificación das materias de que se trate. 

A primeira revisión sería dirixida á Dirección do centro, e de persistir o desacordo poderían solicitar unha reclamación ante Xefatura Territorial. 

As reclamacións faranse cubrindo os impresos correspondentes, e dentro das datas indicadas para cada caso:

 

É preciso ter solicitado revisión no centro antes de reclamar en Xefatura Territorial. En ambos casos entregarase en Administración o impreso correspondente, debidamente cuberto e asinado, con rexistro de entrada. 



page | by Dr. Radut