Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 24-25

ABAU 2024. NORABOA RAPACES E RAPAZAS

94,8% DE APROBADOS NAS ABAU 2024 e 10 DOS NOSOS ALUMNOS/AS ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES de GALICIA

Parabéns ao noso alumnado de 2º BAC polos magníficos resultados acadados nas probas ABAU 2024. Sodes excelentes!
Máis parabéns, aínda, para os 10 alumnos e alumnas do Otero Pedrayo recoñecidos/as polas 3 universidades galegas por estar entre os MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA. O vindeiro venres, 21 de xuño, asistirán ao acto de recoñecemento MEGABAU 2024, no Coliseum da cidade da Coruña. Todo un orgullo!
  • PAULA ANDRÉS DIÉGUEZ
  • TANIA BARREDA CID
  • SARA CALVO FERNÁNDEZ
  • XOEL CID MOJÓN
  • PABLO DOMÍNGUEZ ESTÉVEZ
  • SARA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
  • LUCÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
  • CARMEN LUCÍA SEOANE
  • CELIA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
  • JIMENA SOTO FERNÁNDEZ

Hoxe repetimos ben alto:

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 

GRADUACIÓN 23-24

Que velada tan bonita a que vivimos onte! O noso alumnado de 2º BAC vestiu de gala para despedir como se merece a súa etapa de secundaria: con música, con palabras desde o corazón, recordando todo o vivido e recollendo a banda e o seu título tan merecido. Que orgullo para o Otero Pedrayo ter contado cunha xeración coma a vosa! Continuade así, coas mesmas ganas, coa mesma ilusión, e o éxito terédelo asegurado.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> GRADUACION 23-24

Fin de curso 2023-24

MEMORIA FINAL ACTIVIDADES DO CENTRO CURSO 2023-24

Memoria final das actividades realizadas no Centro ao longo do presente curso 23-24.

Fai clic na imaxe para acceder ao documento.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> WEB 23-24

VIAXE CULTURAL 3º ESO O PORTO 23-24

VIAXE CULTURAL 2º ESO PICOS DE EUROPA 23-24

DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

Que mellor maneira de celebrar o Día da arte que cunha exposición dos nosos artistas! O alumnado de 1º BAC de Debuxo artístico, co seu profe Manuel Sánchez á fronte, deixounos abraiadxs coa marabilla de debuxos que nos presentaron. A inauguración da mostra foi esta semana e poderémola disfrutar no centro ata o mes de maio. Bravo. Parabéns á nosa rapazada!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GRADUACIÓN 4º ESO

 

O peche dunha etapa sempre é motivo de celebración, máis cando esa etapa é a secundaria obrigatoria. O venres pasado, polo tanto, tocou festexar a despedida da nosa rapazada de 4º ESO. Fixémolo nun acto de graduación repleto de emotividade, lembranzas e moita, moita alegría. Ademais de elegancia, claro está!
Agora toca descansar para comezar en setembro a postobrigatoria con todas as ganas do mundo. Parabéns, nosos nenos e nenas!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> GRADUACIÓN 4º ESO 23-24

LONDRES

 

Na súa viaxe de fin de curso, o alumnado de 4º ESO disfruta estes días da capital británica: Londres.
St Paul´s Cathedral, City, Tower of London, London Bridge, Tate Modern, National Gallery, Trafalgar Square, Buckingham Palace, Big Ben, Wetminster Abbey, Picadilly Circus... son algúns dos lugares xa visitados... e aínda quedan dous días! Aínda queda moito por ver! Que importantes e didácticos son este tipo de viaxes. E que felices están os nosos rapaces e rapazas!
 

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut