Onte recibiamos no noso centro a 90 alumnos/as e 5 profes do instituto ferrolán para presentarnos o libro "Otero Pedrayo no IES Concepción Arenal", creado a partir dun manuscrito inédito de don Ramón atopado pola bibliotecaria Isabel Yáñez
O breve texto, de puño e letra do patriarca das nosas letras, acabou convertido, grazas a Elvira Roiz, xefa de departamento de Galego, e a implicación doutros colaboradores, nunha publicación de 54 páxinas que non só rende tributo á figura do autor, senón que recolle tamén parte da historia do emblemático centro ferrolán, como ben nos contaba onte Manuel Rei, director do IES.
Foi toda unha honra a presentación desta obra no noso centro; o centro de don Ramón alumno, o centro de don Ramón profesor.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE