Skip to Content

8M, "A VOZ DA MULLER STEM"

 

Grazas ao programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, onte pechamos a programación do 8M, Día da Muller, coa visita ao noso centro da científica Zulema Varela Río, investigadora con bolsa postdoctoral no departamento de Bioloxía funcional e do grupo ECOTOX. Falounos desde a súa perspectiva como muller e bióloga, aportando interesantes datos sobre o seu traballo e sobre as desigualdades que, pese a todos os esforzos, continúan presentes no mundo científico: o ser muller segue a ser un hándicap. Charla amena, pero con moito contido. Charla das que fai reflexionar. Charla moi necesaria.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE


story | by Dr. Radut