Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

 As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática: fondolibros.

 

ISO NON SE PREGUNTA

Dentro da programación das I Xornadas pola Diversidade, onte tivemos a honra de escoitar no noso centro ao profesor e activista ÉRIC DOPAZO,
Previamente e sen ningún tipo de censura, o alumnado formulou todas aquelas preguntas, dúbidas, inquedanzas... que tiña a cerca da diversidade. e onte, no Paraninfo, Éric, dun xeito ameno, divertido e moi, moi didáctico, foi contestando cada unha delas.
O noso centro, cada vez máis inclusivo; cada vez máis seguro.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

I XORNADAS POLA DIVERSIDADE

Co obxectivo de facer do noso centro un lugar máis inclusivo e seguro, onte botaban a andar a I Xornadas pola diversidade cunha charla ben interesante do noso compañeiro Enzo Sarmiento. Que necesarias son estas xuntanzas que nos forman e informan, que nos fan reflexionar, que nos fan empatizar con todas aquelas persoas que non son iguais a nós. Cantos somos e que diversxs somos! Viva a diversidade!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS

Onte, os nosos alumnos Anxo Álvarez e Isaac García, de 2º ESO, desprazábanse ao CFR de Ourense para participar na Olimpíada Matemática. Saíron moi contentos, polo que esperan con ganas os resultados das probas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ENCONTRO INTERCENTROS BÁDMINTON

Gran éxito de participación coa destacada actuación do noso alumnado, que acadou o 4º posto en 2º ESO e o 1º posto en 1º ESO. Parabéns! Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

A SENDA DAS CEGOÑAS

Grazas á asociación "Ciconia. Amigas das cegoñas", estamos a gozar no Otero Pedrayo dunha exposición na que se nos explica todo sobre elas: a súa fisionomía, onde viven, as principais ameazas , a cegoña branca en Galicia, a cegoña negra... Unha marabilla! Grazas á asociación polo préstamos.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ABRIL OTERIANO

DÍA DO LIBRO

Onte celebramos o Día do libro cunha chea de actividades: troco de libros, cita a cegas cun libro, fallo do concurso ao mellor marcapáxinas e, como non, lectura dos nosos libros...
 
Botádelle un ollo ao blog da Biblioteca, que foi quen organizou a xornada, e poderedes ver a memoria fotográfica. Felices lecturas!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

AGROECOLOXÍA LABREGA

AGROECOLOXÍA LABREGA. UNHA ALTERNATIVA SUSTENTABLE AO PARADIGMA DE PROGRESO DO SISTEMA AGROALIMENTARIO INDUSTRIAL E GLOBAL.
O pasado xoves, Sergio Sánchez Taboada achegábase ao noso centro para falarlle ao alumnado de 1º BAC sobre a relación entre os modos de cultivo e produción alimentaria industrial capitalista e ecolóxico, ilustrando a relación entre eles e as súas consecuencias ecolóxicas (para a biosfera), económicas e de saúde (para o consumidor).

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Fin de curso 2023-24

Distribuir contido


by Dr. Radut