Skip to Content

FIN DE CURSO

No final de curso do Otero Pedrayo non pode faltar nin a actividade deportiva, nin un festival por todo o alto. E este ano, seguindo a tradición, así foi! Aí van unhas fotos que dan conta do talento que o noso alumnado derramou para despedir este 2023- 2024.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> FIN DE CURSO 23-24

ACTO MELLORES EXPEDIENTES ABAU

O pasado venres, 10 dos nosos alumnos e alumnas viaxaban ao Coliseum da Coruña para asistir ao acto dos mellores expedientes de Galicia nas probas ABAU, os PREMIOS MEGABAU.
Que honra e que orgullo ter do noso centro tanta representación! Parabéns ao noso alumando!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ACREDITACIÓN DE NIVEL EN LINGUA ESTRANXEIRA

O pasado xoves, celebramos no Paraninfo do Otero Pedrayo un pequeno acto no que fixemos entrega de diplomas a aquel alumnado que conseguiu o B1, B2 ou C1 nas probas de acreditación de nivel en lingua estranxeira (inglés ou francés) celebradas no noso centro. Parabéns a todos/todas eles/elas!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

"AFOUTEZA". CLUB DE LECTURA ADULTOS

 

O pasado xoves, o club de lectura de adultos do Otero Pedrayo trasladouse a Allariz para celebrar a última das reunións deste curso. `Golpes de luz´ foi o libro escollido para comentar nun espazo tan incrible como é a Fundación Vicente Risco. Botádelle un ollo ao blog da biblioteca e veredes que marabilla. Non puidemos estar máis a gusto!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ILLAS CÍES

Como o prometido é débeda, o pasado mércores, o alumnado de 4º ESO C e 1º BAC D disfrutaba do seu merecido premio ás "Mellores coreografías da ESO e BAC": unha excursión ao paraíso natural das Cíes.
A travesía no catamarán, a ruta ata o faro na illa Norte e unha espectacular tarde de praia no areal de Rodas fixo que o día fose sobresaliente.
As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural no 1980 e incluídas no Parque Nacional M-T das Illas Atlánticas de Galicia, creado no ano 2002, xunto a Ons, Sálvora e Cortegada.
Que riqueza natural temos neste noso país! Que sorte poder disfrutala!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

A pasada semana, o profesor de Química do Otero Pedrayo, Miguel López, acompañaba a dous dos seus alumunos á Facultade de Ciencias da Coruña para recoller os extraordinarios premios acadados na fase autonómica da Olimpíada de Química: IAGO GÓMEZ VASALO conseguía un 4º premio e XOEL CID MOJÓN alzábase co 2º premio, clasificándose para a Olimpíada española de Química. Parabéns! Orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO:

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO:
- FONDO XUNTA: venres, 21 de xuño
- FONDO ANPA: mércores, 26 de xuño
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ACTIVIDADES FÍSICAS NO LECER

Este trimestre, voleibol.
Fomentando hábitos saudables!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE GREGO

 

A pasada semana, Lucía González, Nicolás Ferreira e Sebastián Rodríguez, de 2º BAC, participaban na Olimpíada de Grego desenvolvida na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Toda unha experiencia para o noso alumnado pre-universitario!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONCURSO LUÍSA VILLALTA. LETRAS 2024

E onte, foron entregados os premios aos afortunados no CONCURSO LUÍSA VILLALTA. LETRAS 2024.
Edgar e Sara, alumno e alumna de 4 e 3 °da ESO e Anxo e Abiel, ambos de 1 °ESO recibiron cadanseu agasallo.
O noso agradecemento a todo o alumnado que colaborou montando o Taboleiro, ás mans inocentes que elixiron aos premiados e por suposto a todos os alumnos e profes que participaron no concurso.
Que vivan as nosas LETRAS, as NOSAS ESCRITORAS e nós seguiremos a celebralas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut