Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:
Podedes acceder a unha DEMO das probas na seguinte enlace DEMO PROBA
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
A actividade da nosa biblioteca é un sen parar... Despois do club de lectura "Aleitando", para os máis pequechos de 1º ESO, a pasada semana reuniuse o club "Otero diverso", con Heartstopper, un libro que lle encanta ao noso alumnado. Botádelle un ollo ao seu blog que, de verdade que paga a pena.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra de escritores clásicos da lingua francesa e, ao mesmo tempo, disfrutar do teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimula a aprendizaxe en francés, o pasado xoves, os nosos rapaces e rapazas de francés de 3º e 4º ESO e 1º BAC Francés asistía ao auditorio provincial a ver "Les trois mousquetaires", baseada na novela de Alejandro Dumas, cun posterior coloquio que foi do máis interesante.
Grazas á Concellaría de Cultura por ofrecernos esta actividade tan didáctica e tan demandada polo noso alumando
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo acolleu o pasado venres a celebración da fase autómica galega da XIX Olimpíada de Bioloxía, na que participaron 80 estudantes de 39 institutos das catro provincias; un deses centros foi o Otero Pedrayo, representado por 4 alumnas de 2º BAC. Foi todo unha experiencia para elas!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
O pasado venres, o alumnado de 3º ESO desprazábase ao Teatro Principal para asistir á estrea de "O dragón de ouro", de Sarabela Teatro, unha obra que aborda temas tan actuais como a inmigración ou a prostitución forzada. A obra está baseada no libro do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, un dos máis representados no mundo, traducido ao galego por primeira vez, baixo a dirección de Anxeles Cuña.
Todo un luxo para o Otero Pedrayo poder asistir á estrea.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Alumnado de Humanidades de 1º BAC participou, xunto con outros oito institutos galegos, na viaxe a Italia organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.
Foron oito días marabillosos, cheos de emocións e de moita aprendizaxe, nos que visitaron os principais lugares de Roma e saborearon o ambiente da cidade eterna; chegaron ata Capua, Nápoles, Pompeia e Herculano, Cumas e a menos coñecida e espectacular Pozzuoli.
Ao regreso, as súas caras sorrintes e algunhas bágoas pola separción das novas amizades eran a proba de que os esforzos das súas familias, da organización, dos centros, pagaran a pena.
Unha viaxe inesquecible.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Hoxe, na Fundación Ramón Otero Pedrayo, o noso alumnado de 2º STEMBACH presentaba dous novos traballos de investigación.
Por un lado, Lucía González Vázquez, titorizada pola profesora do noso centro Elvira Moroño e o profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela, facía unha defensa brillante do seu traballo "Poesía e xeografía en Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar", na que mesturou novas tecnoloxías (a xeolocalización da toponimia da Bocarribeira) e a literatura.
Por outro lado, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez, titorizadas polo profesor do centro Daniel Lorenzo Valdivieso e a profesora da Universidade de Vigo Susana Reboreda Murillo, presentaron "Otero Pedrayo alumno. Traxectoria no centro que leva o seu nome", un traballo excelente no que revelaron, con respecto á figura de don Ramón, os datos obtidos do vaciado do arquivo do IES Otero Pedrayo (1898-1905). Rematou a exposición, coa entrega de copias de toda esta nova documentación á Fundación.
Dicía o presidente de fundación, D. Eduardo López Pereira, que don Ramón estaría feliz vendo a estas investigadoras mozas na súa casa, falando da súa obra e da súa persoa. Nós non temos ningunha dúbida de que así sería. Grazas á Fundación por acollelas-acollernos nun día tan emocionante como o de hoxe.
E parabéns alumnas, parabéns profesorado titor. Traballo excelente.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Coa alborada de Rosalía a violín máis voz, a lectura do manifesto e unha segunda alborada a gaita celebramos no IES Otero Pedrayo os 187 anos do nacemento da nosa autora máis universal.
No Otero, sempre con Rosalía.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.