Chega o SAMAÍN!
Cabazas, pantasmas, seres e historias do Alén déixanse ver e oír polos corredores do noso instituto.
Na mesa da entrada podedes disfrutar das historias de medo en tres palabras do alumnado de 2 ESO, dunha enmeigada cabaza de terras luguesas e inda podedes participar no concurso de relatos "O río levaba uns ollos". ( Hai uns premios castañudos!)
Nos corredores diante da Biblioteca non podedes deixar de ver a exposición de libros clásicos e modernos de Medo e Terror, así como dos relatos ilustrados de profes e alumnado preparados polo seu Equipo.
Arrimádevos á mesa,
pasade pola Biblioteca,
e disfrutadeda festa!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE