Normalización
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2015
Enviado por Esperanza o Lun, 23/11/2015 - 06:38O mércores día 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego cos osos alumnos de 1 e 2 de BAC. O profesor Xurxo Mariño conectou por videoconferencia cunha chea de centros para expoñerlles aos rapaces o complexo funcionamento do cerebro humano, a nosa capacidade de percepión do mundo exterior, a construción da linguaxe, os millóns de células implicadas no noso descubrimento do mundo e de nós mesmos. Rematou respondendo as preguntas que os rapaces fixeron desde diferentes centros. | |
SAMAIN 2015
Enviado por Esperanza o Mar, 17/11/2015 - 06:24Como todos os anos, os nosos pequenos do primeiro ciclo de ESO participaron cos seus traballos na celebración do Samaín. Os seus traballos coas cabazas e os epitafios burlentos encheron de humor a entrada do instituto. Aí vos van algunhas mostras gráficas: | |
COÑECENDO A TERRA GUIADOS POLO ARRAIANO MAIOR
Enviado por Esperanza o Lun, 26/10/2015 - 06:50Un grupo de 40 alumnos e alumnas de 2 de Bac do Ies Monte Castelo de Burela visitaron o día 2 de outubro a cidade de Ourense e diversas localidades do sur da provincia, entre elas Vilanova dos Infantes, Celanova e Bande. Baixo a coordenación da historiadora HERMINIA PERNAS OROZA e das profesoras ISABEL MOJARDÍN E CARME COCIÑA, a expedición saíu de Burela a primeira hora da mañá para visitar o centro de recursos Zooxenéticos do Pazo de Fontefiz e, despois de reunirse co Arraiano Maior, o lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, que lles fixo un roteiro didáctico pola zona momumental da cidade das Burgas. a expedición chegou ás 5 da tarde a Celanova para visitar o Mosteiro e a casa dos Poetas ( con lectura escenificada dun fragmento da Virxe do Cristal). Seguidamente dirixíronse a Bande para coñecer os restos do campamento romano e a igrexa visigótica de santa Comba. Coas últimas luces de día emprenderon a viaxe de regreso a Burela a onde chegron á 1 da madrugada. |
LETRAS E MÚSICAS EN FEMININO
Enviado por Esperanza o Lun, 26/10/2015 - 06:35Teresa Bermúdez, María Caamaño e Pilar Romero, alumnas de 4 de Eso e do Club de Lectura do Ies Monte Castelo participaron no acto que o Obervatorio da Mariña pola Igualdade organizou en Ribadeo, lendo poemas das autoras mariñás LUZ POZO, MARICA CAMPO E OLALLA COCIÑA. O concerto de Guadi Galego puxo o broche de ouro a unha xornada magnífica de músicas e letras en feminino |
||
Visita a Casa dos Poetas en Celanova
Enviado por Anónimo o Xov, 08/10/2015 - 04:52Alumnos do IES Monte Castelo visitaron a Casa dos Poetas en Celanova
Outubro 2015- O IES Monte Castelo empezou o curso cunha viaxe á provincia de Ourense. Un dos lugares que visitaron os alumnos de 2º de bacharelato foi a Casa dos Poetas de Celanova, donde participaron nuna homenaxe escolar que a Fundación Curros Enríquez ten en marcha para reivindicar a restitución da imaxe roubada da Virxe do Cristal, popularizada nun poema do insigne escritor. Un dos principias obxectivos da Fundación Curros Enríquez é achegar a todos os estudantes de Galicia as figuras dos grandes poetas nacidos na vila de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.
O acto consistiu na lectura de un dos 66 fragmentos en que foi dividido o extenso poema publicado en "Aires da Miña Terra" e que ten como protagonista a figura da Virxe do Cristal, roubada o pasado 10 de marzo.
Os escolares do noso centro visitaron tamén o Mosteiro de San Salvador en Celanova e realizaron un percorrido polo casco histórico de Ourense que os levou ata As Burgas, Praza do Concello, Catedral, Praza do Ferro o Rúa da Paz.
Tamén visitaron Santa Comba de Bande, coñeceron o Pazo de Fontefiz, donde de atopa o Museo da Historia da Gandería en Galicia e o Centro de Recursos Zooxenéticos.
Estiveron acompañados polas profesoras Carme Cociña, Herminia Pernas e Isabel Mojardín.
A actividade estivo organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística e o de Xeografía e Historia.
ROTEIRO LEIRAS PULPEIRO
Enviado por Esperanza o Lun, 04/05/2015 - 12:59O venres, día 6 de marzo, os alumnos de 1º de ESO estiveron en Mondoñedo naXornada de Lembranza sobre Leiras Pulpeiro. Estes mozos e mozas do Modelo de Nación do Século XXI participaron no acto de inauguración do Roteiro Literario dedicado a Manuel Leiras Pulpeiro. Na campa do cemiterio civil tivemos o privilexio de escoitar o discurso didáctico de Antonio Reigosa (Cronista Oficial de Mondoñedo). O emblemático poema "Roseiras de rosas roxas" desta vez foi magnificamente recitado por nenos e nenas do IES Monte Castelo de Burela. O Cronista oficial de Mondoñedo escribe en facebook o seguinte: "Hoxe, varias ducias de rapaces e rapazas de Burela e Mondoñedo seguísmolle as pegadas a M. Manuel Leiras Pulpeiro por Mondoñedo. Falamos, recitamos, camiñamos, rimos ...sudamos! Desde o IES San Rosendo ata o castro da Recadieira hai varios quilómetros de memoria que xa van camiñar canda nós de por vida. Na compaña de mozas e mozos dos IES Perdouro de Burela, do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, do IES Monte Castelo de Burela e do IES San Rosendo de Mondoñedo, coa colaboración do Casino de Mondoñedo, ACIA Mondoñedo, Asociación Abrindo Camiño, As. Amigos de Mondoñedo, Concello de Mondoñedo e Deputación de Lugo, coa impagable colaboración dun día luminoso." |
|
DÍA DE ROSALÍA 2015
Enviado por Esperanza o Lun, 04/05/2015 - 12:50O 24 de febreiro, como xa vimos facendo desde hai varios anos, un grupo de alumnos do IES MONTE CASTELO renderon unha homenaxe á nosa poeta máis universal. Nesta ocasión foi o COLECTIVO CULTURAL BURIL o que organizou unha xornada de recitado con textos da ilustre padronesa. Foron @s rapac@s de 1º e 3º de ESO os encargados de poñer a voz aos poemas rosalianos. Resultou ademais unha magnífica oportunidade de convivencia co@s alumn@s de 3º de ESO do IES PERDOURO. Distintas nacionalidades, razas e culturas unidas pola lingua e os poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas. Un luxo para regalía da vista e dos ouvidos. |
|
PROXECTO NEO Nº 123
Enviado por Esperanza o Sáb, 25/04/2015 - 14:06Con motivo do DÍA DO LIBRO e en colaboración co CLUB DE LECTURA do noso centro, onte fomos a Radio Burela para comentar a nosa última lectura: A miña planta de laranxa lima do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos. Unha obra recomendada para adolescentes, pequenos e adultos, unha das mellores obras de literatura infantil e xuvenil do século XX. Unha historia sobre o descubrimento do mundo, da amistade, da familia e da dor de medrar que chega ao corazón de todos os lectores. |
|
PROXECCIÓN DE A ESMORGA
Enviado por Esperanza o Mér, 25/02/2015 - 05:59Os alumnos de 2º de BAC do IES MONTE CASTELO asistiron o pasado 19 de febreiro á proxección de A Esmorga na casa da cultura de Burela. Aí van algunhas das súas opinións:
" Trátase dunha película crítica e realista que mostra a cara máis dura da vida, cos seus segredos e o que leva a facer o desamor e a desesperanza..."
" penso que a película debería vela calquera persoa. Pódea ver, se non fala galego, con subtítulos, porque merece a pena..."
" É a historia de tres amigos que acaba en traxedia"
" Na miña opinión, a película representa perfectamente o libro, as paisaxes onde xorde a historia están mooi logradas e exprésase moi ben a tristeza da novela"
"...Esperaba máis da caracterización dalgún personaxe como é o caso de Socorrito"
" O meu personaxe favorito é o Milhomes xa que o actor fai moi ben o papel. Tamén me gustou moito o papel do castizo, pero penso que ao Bocas faltáballe algo máis de "vida" na película..."
"Gustoume máis o libro pero a película tamén está moi ben"
"Paréceme unha historia interesante pero moi triste, onde se reflicten moi ben os sentumentos dos personaxes, o que provoca que a película nos introduza en situacións realmente conmovedoras"
" Pareceume unha película moi boa que non lle ten nada que envexar a ningunha outra do cine español, cunha música que dá clafríos do bonita que é, e unha fotografía con tons fríos fermosa. En especial namorei de certas escenas, por exemplo onde os tres protagonistas xogan cuns espellos"
" A película ten un argumento entretido pero, ao relatar unha historia que transcorre en 24 horas, é moi lenta e bastante monótona a pesar da cantidade de feitos que viven..."
" A película foi un pouco forte pero retrata moi ben a vida pobre do pobo galego na posguerra"
" É unha boa historia para lela, pero non para traspasala á gran pantalla"
" O enfoque dos planos, a paisaxe e a música gustoume, pero o filme é moi duro en si..."
"...A min gustoume polos toque de humor sinxelo e o drama da vida da xente no pasado máis recente"
" O tema da homosexualidade está moi ben reflectido, sobre todo nesa época na que a xente non se atrevía a dicilo. O final tráxico pero esperado polo mundo que os rodea"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »