Intercambio Burela-Praha
VIDEO DOS TRES ALUMNOS CHECOS DO INTERCAMBIO ERASMUS BURELA-PRAGA: 2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCAIÓN ESCOLAR
Enviado por loli o Xov, 15/06/2023 - 06:21------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ALUMNADO DE MOBILIDADE ERASMUS+ NO NOSO CENTRO:2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCAIÓN ESCOLAR
Enviado por loli o Lun, 12/06/2023 - 07:10Remata a estadia do alumnado e profesorado checo. Nos últimos días puideron visitar Santiago de Compostela, A Coruña, Oviedo, a Cofradía de Pescadores, onde foron recibidos por Basilio Otero, presidente da cofradía, a Fábrica de Sargadelos e a Fragua de Telmo Cao.
ESTUDANTES DO GYMNAZIUM DE PRAGA NO NOSO CENTRO:2022-1-ES01-SCH-000059410 ERASMUS+ EDUCACIÓN ESCOLAR
Enviado por loli o Mér, 24/05/2023 - 04:09---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Tereza, Matej e Johana, estudantes do Gymnazium de Praga Estarán un mes no noso centro |
|
MOBILIDADE DE LONGA DURACIÓN ERASMUS+
Enviado por loli o Mér, 07/09/2022 - 04:28Reportaxe fotográfico da estancia dos nosos alumnos Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados polo Coordinador Erasmus do Centro Marcelino Luna en Praga.
Visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus
Enviado por loli o Mér, 11/05/2022 - 07:08Estos días temos o pracer de contar coa visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus na modalidade de #jobshadowing, unha gran experiencia máis que sumar á nosa traxectoria de 20 anos de intercambios.
Participou nas reunións de coordinación de proxectos internacionais, así como nas do Equipo Directivo. Tamén mantivo encontros con outros docentes e con varios membros do Departamento de Educación Física.
Van aquí unha serie de fotografías da súa visita.
|
|
PROYECTO "STEAM": SECONDARY EDUCATION MOBILITY TECHNOLOGY ART 2021-1-ES01-KA122-SCH-000015836
Enviado por loli o Lun, 25/04/2022 - 11:48DÍA 1- CHEGADA AO AEROPORTO DE PRAHA: Os estudantes son recollidos polas familias para dar comezo a esta tan enriquecedora experiencia que os espera.
DÍA 2- VISITA AO CASTELO E A CATEDRAL CON IRENA COMO GUÍA.
DÍA 3- VISITA A VYSEHRAD CON SANTI COMO GUÍA.
DÍA 4-VISITA AO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE THERESIENSTADT EN TEREZIN CON ZUZANNA DE GUÍA
DÍA 5-VISITA SINAGOGA Y CEMENTERIO JUDIO
DÍA 6-VISITA AO MUSEO DA TÉCNICA CON IRENA COMO GUÍA E Á EXPOSICIÓN "Kinetismus" NO MUSEO KUNSTHALLECON SANTI DE GUÍA
DÍA 7-VISITA Á FÁBRICA MOSER EN KARLOVY VARY
DÍA 8-VOLTA A CASA
Intercambio Burela-Praga 2016
Enviado por Anónimo o Mér, 06/04/2016 - 06:58Intercambio Burela-Praga 2016
Anualmente o alumnado de 1º de Bacharelato participa nun intercambio co centro Gymnazium Pripotocni da República Checa. Este ano viaxan a Praga 8 alumnos/as acompañados do profesor de filosofía Marcelino Luna dende o 6 ata o 13 abril de 2016.
O programa está no arquivo adxunto ao final deste documento.
Vídeos da visita á Fábrica de vidro Moser na República Checa.
Intercambio Praga-Burela: o día 26 de Maio recibimos no IES Monte Castelo aos 11 alumnos/as e a profesora Jitka Saskova do centro Gymnázium Prípotocní de Praga, que visitan o noso centro entre o 25 de Maio e o 1 de Xuño. Dentro deste programa de intercambio desenvólvense unha serie de actividades e visitas didácticas, así como a convivencia con alumnado e familias.
Do 30 de Maio ao 30 de Xuño, estarán no noso centro as alumnas Verónika Jostová e Anna Vacková do centro educativo de Praga,
participando nun programa de intercambio.
XIII Intercambio Burela- Praga 2015
Enviado por Anónimo o Xov, 05/02/2015 - 05:13XIII Intercambio Burela- Praga 2015
Tres alumnas do Gymnazium Praha 10 estudarán durante 5 semanas no IES Monte Castelo. As alumnas son: Barbora Vonderková, Aneta Pozárová, Eva Podzimkovà.
Do 15 ao 22 de febreiro 6 alumnos de 1º de bacharelato do noso centro participarán no intercambio anual co Gymnazium Praha 10 da República Checa. Estes alumnos viaxarán acompañados da profesora Manuela García Basanta.
Ademáis outros tres alumnos de 1º de bacharelato viaxarán nas mesmas datas a Praga pero permanecerán alí un mes (do 15 de febreiro ao 26 de marzo), participando na actividade lectiva do centro checo e vivindo cunha familia dese país, como se facía en anos anteriores dentro do proxecto de Movilidad de Alumnado Comenius (MAC).
Estes alumnos son:
Itziar Álvarez, Matilde Mendes e Arón Coto
**ENTREVISTA EN RADIO PRAGA- Os tres estudantes que viviron durante 6 semanas na República Checa. Antes do seu regreso a España os alumnos compartiron con Radio Praga a súa experiencia.
Ver a entrevista no seguinte enlace: http://www.radio.cz/es/rubrica/panorama/estudiantes-de-burela-descubren-otra-vida-en-praga
Fotos dos nosos alumnos en Praga:
XII Intercambio Praga- Burela 2014
Enviado por Anónimo o Ven, 23/05/2014 - 07:33Un ano máis alumnos da República Checa visitarán Burela dentro do intercambio anual entre ambos centros de estudo. Os alumnos checos estarán en Burela do 25 de maio ó 3 de xuño de 2014.
XII Intercambio Burela- Praga 2014
Enviado por Anónimo o Mar, 08/04/2014 - 10:20Trece alumnos/as de 1º de bacharelato participan no intercambio anual co centro Gymnazium Praha 10 da República Checa do 5 ao 14 de abril de 2014. Os alumnos están acompañados polos profesores Mª Isabel Mojardín e Alfonso Iglesias.