EuroPodcast

DÍA MUNDIAL DA RADIO

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O noso alumnado de 1º Bacharelato de Artes, malia que non contamos con radio escolar, quixo sumarse á iniciativa con este breve podcast que, agardamos, sexa un paso firme para continuar avanzando.

 

ENLACE AO PODCAST

DEBATES POR EUROPA

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

ENLACE AO VÍDEO

 

 

 

 

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA UNESCO

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O 4 DE Novembro é o Día Mundial da UNESCO e os nosos Embaixadores Junior, Camino Balseiro e Adrián Febrero, de 1°Bac, fálannos desta institución con sede en París.

Miniatura de vídeo

 

ENLACE AO VIDEO

CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL CON SAÚDE MENTAL A MARIÑA

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O 10 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental cos nosos compañeiros de proxectos, os usuarios de Saúde Mental A Mariña. Liderados pola súa Xerente e Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa Rodríguez, participamos nunha emotiva xornada na que houbo tempo para a reflexión, visibilización e sensibilización nunha mesa redonda na que interviñeron, entre outros, don Alfonso Villares, Alcalde de Cervo, ou Javier Arias, Delegado da Xunta na provincia de Lugo ou Javier Martínez, do Galp A Mariña-Ortegal. Porén, as testemuñas máis relevantes foron as de familiares e usuarios como Eduardo ou Cristian, así como o manifesto lido polo presidente da Asociación, Jorge Rivera Manchado. El foi o encargado de poñernos voz a todos, de recordarnos que as patoloxías mentais están presentes no noso día a día e que falta, aínda, moito camiño por percorrer para a súa normalización.

A obra de teatro "O camiño e o mar" puxo en evidencia, unha vez máis, o talento artístico dos nosos compañeiros de Saúde Mental A Mariña, pero tamén o valor sobre a nosa contorna e a importancia da actividade física para promover o benestar emocional. Finalmente, desfrutamos dun xantar de confraternidade, o Marexada showcooking, no que degustamos produtos da nosa terra como a faba verdina ou a pescada de Burela.

Un pracer compartir esta xornada de intercambio de sinerxias, de apertura de novos proxectos e de continuación de iniciativas que enriquecerán as nosas comunidades.

 

Distribuir contido