Orientación
XORNADA DE ACHEGAMENTO AO CICLO DE HOSTELERÍA DE FOZ
Enviado por loli o Mar, 20/06/2023 - 04:08-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O noso alumnado puido disfrutar dunhas sesións prácticas impartidas por alumnado e profesorado do ciclo de Hostelería de Foz a tarde do luns |
ENCONTRO DE MULLERES DO CENTRO NO ACTO "ÁMBITO RURAL, MULLER E GARDA CIVIL: TRES REALIDADES CON FUTURO"
Enviado por loli o Xov, 09/03/2023 - 07:20------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
"ÁMBITO RURAL, MULLER E GARDA CIVIL: TRES REALIDADES CON FUTURO" é o encontro ó que asistiron hoxe as nosas alumnas na Casa da Cultura de Burela.
FACENDO VISIBLE A VIOLENCIA MACHISTA
Enviado por loli o Mér, 30/11/2022 - 05:56-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OBRADOIRO "BO TRATO" CON 1º DE ESO
Enviado por loli o Xov, 13/10/2022 - 06:12-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Noelia (educadora de familia) e Conchi (psicóloga de atención a inmigrantes), traballadoras do Concello de Burela, desenvolveron o obradoiro "Bo trato" co noso alumnado de 1º da ESO.
CLASES SEN FUME 2015-16
Enviado por orientación o Mar, 28/06/2016 - 14:22
Dentro do proxecto de fomento de hábitos de vida saudables o alumnado de 1º de ESO recibiu charlas informativas sobre alimentación, impartidas por técnicas da Consellería de Sanidade da delegación de Lugo.
Ademáis alumnado do noso Ciclo Superior de Saúde ambiental traballou coas alumnas e alumnos axudándolles a analizar seus hábitos alimenticios e buscando o xeito de melloralos. |
Como noutros cursos houbo moitos voluntarios para facer as cooximetrías. Ninguén fumou!!
JUEGO-CONCURSO:"CONNECTED:THE GAME"
Enviado por orientación o Lun, 25/04/2016 - 06:03
A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadición) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, “Connected: The Game”.
"Connected: The game" é un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, co obxectivo de sensibilizar a rapaces e rapazas europeos/as de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), fomentando un uso construtivo das mesmas desde o respecto a un mesmo e aos demais.
No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma http://www.connectedthegame.eu, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2016.
Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe.
Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un gañador por país que recibirá un premio tecnolóxico.
A entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Que é a formación profesional
Enviado por orientación o Xov, 07/04/2016 - 07:35Se queres informarte de que é a formación profesional aquí podes ler unha explicación sinxela sobre os distintos títulos que existen de todas as familias de formación profesional.
Se che quedan dúbidas, pregunta á orientadora!!