CUALE Inglés

Matrícula libre do alumnado CUALE en EOI curso 2019-2020

O prazo orixinal foi do 3 ó 23 de marzo.


Nas novas instruccións podedes ler toda a información sobre como proceder agora:


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2020.05.20._instrucions_fin_de_curso_eoi_2.pdf


Ademais podedes ver na sección "Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale"

Sétima. Matrícula do alumnado dos cursos CALC e Cuale
Establecerase un novo prazo para a formalización da matrícula do alumnado dos cursos CALC, Cuale e cursos de formación do profesorado de  preparación das probas de certificación das EOI que non puidese formalizala no prazo establecido na Circular 1/2020, que quedou suspendido pola declaración do estado de alarma. Este prazo farase público nas páxinas web e taboleiros de anuncios das EOI coa antelación suficiente á realización  das probas.


Web da EOI de Viveiro http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideviveiro/

Tarefas CUALE (4/05/2020)

Envío a seguinte tanda de tarefas de CUALE. Teñen datas de entrega distintas debido ó calendario as súas clases.
As de A1 e A2 inclúen tarefas da última unidade do libro e logo os tests finais que teriamos feito en clase.
As de B1 e B1, rematado o traballo de libro, inclúen os test finais que teriamos feito en clase.
Coma sempre estes documentos xunto cos audios correspondentes e os documentos onde facer o test están en rar para descargar no http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ a través de Dropbox. Se a alguén non lle abre ou non lle permite descargar, probar dende Firefox, outros poden non permitir descargar arquivos de Dropbox, polo visto. Unha vez feitas as tarefas poden enviar coma sempre os documentos de texto cubertos ó meu gmail. Tamén se teñen calquera dúbida.

Tarefas A1 19 de maio

Tarefas A2 20 de maio

Tarefas B1 18 de maio

Tarefas B2 13 de maio

 

Tarefas CUALE (22 de abril de 2020)

Envío das seguintes tarefas de CUALE. Son 4 documentos de texto para responder, que inclúen enlaces ós audios vía Dropbox. Se non funcionasen teñen todo coma sempre colgado no blog http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ así como o correo electrónica da profesora.

Sería moi interesante que enviedes a profesora as actividades una vez feitas, para ver como progresa o traballo que estades a facer.

Actividades A1

Actividades A2

Actividades B1

Actividades B2

 

 

Novas actividades CUALE (31 de marzo 2020)

Novas tarefas para CUALE.

Son 4 documentos de texto coas instruccións e cunha táboa para anotar contestacións, e ver claramente as correccións logo.

Teñen incluídos uns enlace ós audios vía Dropbox.

Tarefas CUALE A1

 Tarefas CUALE A2

Tarefas CUALE B1

Tarefas CUALE B2

 

De todos modos está todo coma sempre no blog http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/ por se non funcionase o enlace e estou sempre pendiente do gmail.

 

Actividades CUALE

O alumnado de CUALE pode continuar preparándose mediante as seguintes tarefas:

Son 4 pdf coas explicacións necesarias. Poseen redireccións nelas ó blog da profesora http://elblogdelaprofe-uxi.blogspot.com/  para que poidan descargar os audios dos exercicios e tamén estes mesmos pdf, as tarefas entregaríanse en adxuntos ó correo de gmail da profesora.

Distribuir contido