Taboleiro de novas
Información xeral sobre o Bacharelato a distancia
Enviado por Anónimo o Mar, 29/10/2013 - 06:05
O IES Monte Castelo oferta o bacharelato a distancia para persoas adultas en colaboración co IES San Clemente de Santiago de Compostela
Guías electrónicas de bacharelato
* O prazo de matrícula é do 15 de setembro ó 25 de novembro de 2015, ambos incluídos
No IES Monte Castelo pódese recoller o sobre de matrícula (3€). A documentación necesaria que debe achegar o alumno é: fotocopia do DNI, unha fotografía de tamaño carne, certificación académica oficial de bacharelato (no caso de ter cursado algunha vez estos estudos), titulación de acceso, xustificante de pago do seguro escolar.
Unha vez matriculado podes acceder a todo o material dándote de alta na Aula Virtual do IES San Clemente www.iessanclemente.net. Pulsar en Rexistrarse (alumnos/as), poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos,, e a data de nacemento co formato aa/mm/aaaa, pulsa en aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave terá entre 5 e 10 letras.
A partir dese momento poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o DNI e como contrasinal a clave que puxo anteriormente.
O calendario de exames e titorías estará a disposición dos alumnos na web do IES San Clemente na primeira semana de outubro
Máis información sobre o bacharelato na web http://www.iessanclemente.net/oferta-educativa/a-distancia/bacharelatos/