Plan de Autoprotección
Revisión do Plan de Autoprotección
Enviado por Saúde Ambiental o Mar, 24/04/2018 - 03:13
Basándonos no Plan de Autoprotección elaborado por os Técnicos superiores en Prevención de Riscos Laborais, Jesús Jacobo de Lamas Pedreira e Pedro Fernández Rey con data de 15 de setembro de 2007, procedemos a actualización déste.
O Plan de Emerxencia e Evacuación que se recolle no documento adxunto actualiza os datos do novo equipo directivo e outros aspectos que se foron mellorando.
Unha vez realizado o simulacro de evacuación, farase un informe cos resultados, que recollera os puntos que se detallan no pdf adxunto.
Instruccións ante un Simulacro de evacuación
Enviado por Saúde Ambiental o Sáb, 02/11/2013 - 14:10Aqui tedes o enlace ó vídeo do S.E.I.S, Servicio de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello da Coruña. Publicado por Carlos de Paz Villasenín con Licencia Atribución de Creative Commons (reutilización permitida).
Vídeo moi claro dás normas a seguir para a evacuación do centro educativo
https://www.youtube.com/watch?v=tSUtP4-iz_g&list=PL0F-eCSd2xz4pfs8I3yYS7JPsBUMDCPOR&index=2
Actividades de Prevención
Enviado por Saúde Ambiental o Xov, 12/05/2011 - 13:55
Proxecto con actividades para potenciar e promover a prevención no centro escolar e a súa contorna, minimizar os riscos a ENTRADA E SAÍDA do centro, en ESCALEIRAS E CORREDORES, nas AULAS e nos LABORATORIOS.
As imaxes foron sacadas da guía didáctica para profesores do programa para centros escolares " A autoprotección en Centros Escolares" da Dirección Xeral de Protección civil e emerxencias.(2005)
Preme no seguinte enlace e entra na aula virtual como convidado:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/aulavirtual/mod/jclic/view.php?id=952
Actividades de primeiros auxilios
Enviado por Saúde Ambiental o Xov, 03/03/2011 - 14:27
Este xogo, presenta un espacio virtual con hipotéticos casos de accidentes, terás que resolver a situación en cada caso, a medida que se avanza adquírense novos coñecementos sobre a forma de actuar en cada caso.
Este xogo de primeiros auxilios e unha iniciativa conxunta da Diputación de Barcelona e Cruz roxa de Barcelona.Pincha no seguinte enlace:
http://www.cruzroja.es/cre/2006_7_FR/matcurfad/juegoppaa/castellano/creuroja_cd.swf
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CURSO DE SOPORTE VITAL BÁSICO E RCP, O 4 de outubro de 2011 comenzou no Ies monte castelo este curso teórico e práctico a cargo da profesora do Departamento de Sanidade Carmen Gandoy. Para acceder o material do curso prme no seguinte enlace da Aula virtual e accede como convidado. Os recursos están coas últimas actualizacións
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/aulavirtual/course/view.php?id=28
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Xornadas de RCP (SVB e DESA) a cargo dos profesores Carmen Gandoy e Fiz Fernandez, no ficheiro adxunto temos a presentación destas xornadas, para que non nos olvidemos dos pasos a seguir, e un resumen de actualización dos protocolos .(Curso 2009-2010)
Actividades de evacuación
Enviado por Saúde Ambiental o Lun, 03/05/2010 - 18:35PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Enviado por Saúde Ambiental o Mar, 19/01/2010 - 16:10
O Plan de Autoprotección e un documento que serve de ferramenta para poder implantar un Plan de Evacuación ante situacións de urxencia que se poidan dar nun centro de traballo (no noso caso, un IES), ademais de poder recoller información referente ao edificio (diferentes pavillóns, talleres, oficinas, etc.) en que sexa de aplicación en canto a sistemas de seguridade e protección para os usuarios do mesmo -alumnos, profesores, persoal de administración e servizos-.
Por outra banda, a orde de 13 de Novembro de 1984, sobre evacuación de centros docentes, establece para os Centros Educativos a obrigatoriedade de realizar un simulacro de evacuación do centro escolar durante o primeiro trimestre de cada curso escolar.
Co fin de coñecer a viabilidade do plan de autoprotección realizarase un simulacro/formación que nos axude a melloralo. Co resultado de devandito simulacro, o Plan de Autoprotección someterase á consideración do Consello Escolar para a súa aprobación.
Dende aquí poñeremos a disposición da comunidade escolar distintos materiales que nos poden servir de axuda nunha situación de emerxencia:Os Planos de evacuación do Ies Monte Castelo, protocolos de actuación para a evacuación do Ies e calquer outro material de interés en prevención de riscos.
Descarga os ficheiros adxuntos