PROXECTO NEO Nº 123
Enviado por Esperanza o Sáb, 25/04/2015 - 14:06
Con motivo do DÍA DO LIBRO e en colaboración co CLUB DE LECTURA do noso centro, onte fomos a Radio Burela para comentar a nosa última lectura: A miña planta de laranxa lima do escritor brasileiro José Mauro de Vasconcelos. Unha obra recomendada para adolescentes, pequenos e adultos, unha das mellores obras de literatura infantil e xuvenil do século XX. Unha historia sobre o descubrimento do mundo, da amistade, da familia e da dor de medrar que chega ao corazón de todos os lectores. |
|
»