Normalización

Comedia Bífida

Oalumnado de segundo de BAC. asistiu en Viveiro á representación da obra Comedia Bífida, montaxe da compañía Nobicarelo Teatro

baseada na obra do mesmo título de M. Núñez Singala, editada por Galaxia na súa colección Costa Oeste.

Nela preséntanse, con moito humor e ironía, algunhas das situacións que a diario vivimos en relación coa lingua galega.

 

   

Comentario: Comedia Bífida 

O tema da obra de teatro é o galego como unha lingua máis.

 

A obra é un xuízo onde se xulga ós mortos. Hai un arcanxo (o avogado
defensor), un demo (o fiscal) e está San Pedro (o xuíz). Hai cinco acusados de
utilizar o castelán sendo galegos. Os cinco utilizaron o castelán nalgunha
ocasión por considerar o galego como unha lingua de segunda, unha lingua que
non serve para nada, lingua de aldeáns...

Ó final do xuízo, este cancélase pero o avogado e o fiscal diríxense ó
público para que recapacite sobre como usa o galego na súa vida.

 

A peza comeza presentando o xuízo, onde se utiliza xente do público como
xurado do mesmo.

Comézase a chamar ós acusados e van subindo un a un. En cada caso revívense
os feitos onde se atentou contra o galego.

Finalmente o demo (fiscal) e o arcanxo (avogado) lanzan unha mensaxe de
reflexión ó público.

 

-        

O
demo é un home disfrazado de muller que desenvolve o papel de fiscal e defende
o galego como lingua válida e símbolo de identidade.

-        

O
arcanxo é o encargado de defender os acusados que utilizaron o castelán cando
podían usar o galego.

-        

Diña
é unha muller acusada de falar castelán e de querer que os seus fillos tamén o
falen. Cre que o galego non lles vai servir para nada, aínda que un verán os
tivo que mandar á pasantía de galego.

-        

Eliseu
é un home que toda a vida falou galego pero pensa que non vale para nada
pasando Pedrafita. Na súa aldea todos falan o galego menos o cura, co que teñen
que falar en castelán.

-        

Lina
e Lana son dúas siamesas, unha naceu na Coruña e a outra en Vigo. Elas cren que
o galego é para xente pobre e que a xente de ben ten que falar castelán.

-        

Pepe
é un empresario que acusan de bilingüismo segundo a situación na que se atopa.
Coa súa secretaria, a súa amante, fala en castelán. Coa muller en galego. Coa
directora do colexio da súa filla fala en castelán e coa profesora das clases
particulares da filla en galego.

 

 

A peza teatral desenvólvese nunha sala onde ten lugar este particular xuízo.

 

O tema do texto está moi de actualidade debido a que existen moitos
prexuízos contra o galego.

 

Moitos ven o galego como unha lingua bruta, malsoante...; que só serve para
falar na casa, cos veciños, nas aldeas...; é unha lingua para os pobres; lingua
dos radicais e nacionalistas... pero eu penso que isto non é así, o galego é
unha lingua dos que nacemos en Galicia e dos que temos a sorte de poder
coñecelo e falalo. É unha lingua perfectamente válida en todos os ámbitos. Os
galegos temos unha cultura que nos diferencia dos demais e pola cal deberiamos
sentirnos moi orgullosos.

 

Hai xente que pensa que o goberno quere impoñer o galego en Galicia, pero
non estou de acordo porque, se ti queres atopar unha revista que estea integramente
escrita en galego tes que buscar moito; se queres ver unha película boa en
galego é case imposíbel... e no que á educación respecta existen moitos
debates.

 

A obra critica de xeito irónico a esa xente que se sente mal ou inferior
por falar galego, pois trátase dunha parvada, o que é galego é galego, non ten
que disimular que o sexa falando castelán.

 

Outra cousa diferente é esa xente que os pais lles falaron castelán por ter
uns prexuízos contra o galego, eles entenden o galego pero son incapaces de
falalo porque non teñen seguridade nesa lingua. Algo distinto é a xente que fala
castelán porque lle dá vergoña falar galego polo que pensarán deles.

 

O autor pretende provocar nos espectadores unha reflexión sobre como usan
eles o galego, se teñen eses prexuízos dos que se fala na obra que son
semellantes ós que había durante o franquismo en Galicia.

 

 

O amor ao galego desde a diáspora

 

O AMOR AO GALEGO DESDE A DIÁSPORA

Os alumnos de segundo de BAC.do
IES Monte Castelo tiveron a oportunidade de coñecer o
labor dos emigrantes en favor da lingua galega alén do
Atlántico.

Antonia Luna , nada no 1923 en
Buenos Aires, filla de emigrantes galegos de Noia, é fundadora
da asociación civil AMIGOS DO IDIOMA GALEGO e colaboradora en
distintos congresos sobre lingua e literatura galega.

De nena xa recitaba a Rosalía
e a Cabanillas e case aprendeu a ler coa única páxina
galega que os domingos incorporaba o xornal CORREO DE GALICIA

A súa vida privada e o
seu labor como docente desenvolvéronse en castelán até
que, xa retirada, inscribiuse nun curso de galego no CENTRO GALEGO DE
BUENOS AIRES.Ali coñeceu o seu mestre, Hixinio Martínez
Estévez e el foina introducindo no seu interese polo
galego.Desde entón, e van xa 31 anos, o seu labor foi
ininterrompido e, de alumna , pasou a mestra colaboradora na
FEDERACION DE SOCIEDADES GALEGAS.

@s rapac@s
puideron aprezar a emoción de voltar ás raíces
atraves da lucidez dos seus 86 anos e do seu extraordinario galego
con acento porteño.Foi unha clase maxistral impartida por unha
galega- arxentina.

   

Mar ao norde. Revista de Normalización lingüística e Biblioteca.

Se queres botar unha ollada ó primeiro número da Revista de Normalización Lingüística e Biblioteca descargar o arquivo adxunto

Día das letras galegas

Co motivo da vindeira celebración do Día das Letras Galegas e organizado polo Departamento de Normalización lingüística, os alumnos da ESO asistiron á representación teatral da obra "O Mariñán" a cargo do grupo de teatro "O Bordelo" de Cervo dirixido por Paco Piñeiro, profesor do noso centro. Para esta ocasión algúns alumnos e alumnas participaron tamén na obra e incluso a axudante lingua chegada de Turquía Eda Geçer. Todo un éxito

NORMALIZACIÓN

 

 

O SAMAÍN

Os alumnos da ESO participaron na elaboración de cabazas e traxes para celebrar a festividade do Samaín.

 

CONFERENCIA DE ANTÓN NIÑE

O profesor do IES Perdouro impartiu unha conferencia destinada aos rapaces de Bacharelato sobre os enterramentos nas distintas culturas (nos países nórdicos, nos países mediterráneos, en América e os enterramentos galegos) e aproveitou para facer un repaso da arte dos mausoleos desde a antigüidade á actualidade.

 

VIAXE A ALLARIZ-OURENSE

Aproveitando o intercambio cos alumnos checos, un grupo de alumnos de 2º e 1º de bacharelato foron coñecer as vilas de Allariz e Ourense.

 

TEATRO

Os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asisten á representación de O club da calceta a cargo do grupo O Morcego.

 

LECTURA NA AULA

Os gañadores do concurso de microrlatos "Contra a violencia de xénero" do ano 2008 fixeron lectura dos seus respectivos textos diante dos alumnos de 2º de bacharelato.

 

O MAGOSTO

Como todos os anos, celebrouse un magosto popular destinado aos alumnos de todos os cursos da ESO.

        

      

 

      

 

CONFERENCIA "NON VIOLENCIA DE XÉNERO"

A escritora María Reimóndez impartiu unha conferencia o 24 de novembro para os alumnos de 3º e 4º da ESO.

CONFERENCIA "MAIO DO 68"

Os profesores Águeda Barcia, Carmen Beltrán e Ricardo Gurriarán impartiron unha conferencia para alumnos de 2º de bacharelato con motivo da celebración do corenta aniversario do maio do 68.

 

CARTA AOS REIS MAGOS

O Equipo de Normalización Lingüística elaborou un modelo de Carta aos Reis Magos que despois foi distribuída entre os rapaces dos dous centros de primaria da nosa vila (CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre) e a galescola Guiñol.

 

CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA 

REBECA SÁEZ, alumna de 2º de BAC gaña o primeiro premio dun concurso de relatos sobre a violencia organizado polo concello de Burela

VISITA DO ALUMNADO DE 1º CICLO ESO AO BELÉN DE BEGONTE

 

 

 

 

 

                                                                                 CONCURSO DE CARETAS  DO ENTROIDO

 

 

 

     
     

 

 

CONFERENCIA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo a xornalista Rocío Corral e a fisioterapeuta Rosana Carballés impartiron unha conferencia destinada aos rapaces de 1º e 2º de bacharelato. O tema xirou en torno ao traballo da muller no xornalismo e no mundo do deporte.

 

CONFERENCIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA POR BERNARDO PENABADE SOBRE O MODELO BURELA

O venres 3 de abril o profesor do IES Perdouro de Burela veu explicar aos alumnos de 2º de bacharelato o Modelo Burela de Normalización Lingüística.

Este modelo expón a convivencia de xentes procedentes de catro continentes e totalmente integrados na lingua da nosa comunidade. Burela é un modelo de vila monolingüe en galego (salvando as excepcións dos inmigrantes de fala castelán: asturianos, peruanos...). Propón, ademais, a aprendizaxe do castelán e do inglés como linguas de cultura e comunicación universal.

 

 

 

CORRELINGUA 2009

 

O alumnos/as do 1º CICLOde ESO, participaron no correlingua que se celebrou o día 12 de maio na vila de SAN CIBRAO. O percorrido foi bordear a península partindo das  antigas fábricas de salgado de peixe para rematar cunha festa  no centro da vila.

   
     

VISITA Á FÁBRICA DE CERÁMICA DE SARGADELOS


O alumnado do 1º ciclo de ESO  fai unha visita guiada á  Fábrica de Sargadelos, aproveitando para facer  roteiroS pola zona de Cervo.

 

 

 
     

 

 

 

 

Distribuir contido