Normalización
Visita a Santiago
Enviado por Normalización o Ven, 18/06/2010 - 12:27Alumnos de 4º da ESO visitan o Museo do Pobo Galego , A Catedral e outros lugares de interese.
Correlingua 2010
Enviado por Normalización o Xov, 06/05/2010 - 12:36
Os alumnos de 1º ciclo de ESO participaron no CORRELINGUA DA MARIÑA que se celebrou na vila de Ribadeo, onde se reuniron a maioría dos centros escolares da mariña. O percorrido foi desde Santa Cruz ao Cantón dos Moreno, camiñando por unha parte do camiño de Santiago.
A cada participante déronselle dous globos en forma de corazón, un vermello e outro azul, simbolizando o amor á nosa língua . Tamén se repartiron chapas e unha guía do Concello de Ribadeo.
Houbo actuacións musicais e finalizou o acto coa lectura dun manifesto.
Día do Libro
Enviado por Normalización o Mar, 04/05/2010 - 11:03
Durante a semana do 19 ao 23 de abril o alumnado e profesorado pasaron pola biblioteca e leron
un anaquiño do seu libro preferido.
Todos participaron, dende os rapaces da ESO ata os maiores de
Bacharelato.
Moitos deles escribiron tamén un pequeno comentario sobre a súa lectura
favorita.
Conferencia de Fina Casalderrey
Enviado por Normalización o Lun, 26/04/2010 - 17:09
Que é o que seduce @s xoves lector@s na narrativa
de FINA CASALDERREY ?
O dia 23 de Abril, @s rapac@s de 2º,3º e 4º de ESO, acompañados dos seus
respectivos profes, puideron gozar en directo da voz e da palabra dunha das súas
autoras favoritas:F. CASALDERREY.
Comeza a súa exposición cunha
magnífica CAPTATIO BENEVOLENTIAE, o retroceso ó seu universo
infantil-adolescentEpara situarse, así , á altura do seu público.Desmonta a
seriedade da conferencia e condúcenos amodiño polo camiño da ensoñación
/reflexión, abeirándonos da fantasía, único espazo non contaminado pola
arrogancia racional humana.
Conta historias extraídas das súas vivencias,
sen regras, sen verdades absolutas , co fórmulas suxestivas que fan que nos
sintamos un pouco donos delas, dándolles cada un de nós a forma definitiva na
nosa cabeza,a forma do infinito.
Non respecta as leis do mundo real,nin o
xeito tradicional de encarar o público de 13 a 16 anos , non require moita
seriedade no acto de atención ao seu discurso,pero si moita
imaxinación.
Ela estimula a ilusión por soñar, conta unha historia e
suxire un cento,fainos perder as inseguridades e os medos,apaixóanos,
libéranos,fainos reaccionar , crear cada un (ha) o seu propio universo
narratolóxico.
A nena,a escola,as cartas,os bailes,o primeiro destino de
mestra,o primeiro libro mercado co seu soldo...a vaguidade obríganos a
visualizar outras realidades ou abrirlle as portas á fantasía.Todo xorde con
naturalidade,como un manancial a correr , narradora da súa propia historia cunha
estrutura teatral extraordinaria no seu discurso.Mesmo ao final ,cando nos di
"xa podedes aplaudir", porque non hai telón para baixar , vémola
ficcionalizando a propia personalidade cun sentido do humor que non disminúe a
seriedade da mensaxe.
Despois dos aplausos entendemos as chaves do éxito
do seu universo narrativo :) :(
a) A descrenza nas verdades absolutas, o
que conduce @s lector@s á construcción de valores
alternativos aos tradicionais.
b)Textos que experimentan con temas,
personaxes e rexistros lingüísticos distintos aos canons impostos polas modas
.
c)Obras abertas que esixen lector@s activ@s , que participen na creación.Obras nas que
subxacen múltiples interpretacións.
d)Diálogo intertextual que reflicte a
bagaxe cultural da autora.
e)Frecuencia do humor e a ironía,actitudes que
facilitan a comprensión da vida e, por ende, da literatura.
f)Brevidade
dos relatos /novelas; unha fórmula arriscada que @s xoves lector@s (e @s non tan xoves) sempre
agradecen.
g)A complicidade co(a) lector (a) que comparte a experiencia
de ser human@s, cada un (ha) coas súas
circunstancias , pero human@s.
Para pór
punto final,quixera agradecer a Fina o montón de horas felices :) que os seus
textos me fixeron vivir, xa for en solitario ou, nas aulas, cos meus alumn@s.
by María do Carme Cociña
|
|
|
Antón Castro
Enviado por Normalización o Mér, 14/04/2010 - 12:42
Na tarde do 12 de abril Antón Castro retrata para nós a vida cotiá dunha
familia dun xeito fascinante, inusual.
Busca o afecto do público, un grupo de adolescentes de 1º de ESO, coa
xestualidade, cos xogos da súa voz e cos silencios, coa música tradicional feita
con sinxelos instrumentos como as culleres ou con outros non tan sinxelos como a
zanfona.
Concéntrase no diálogo feito voz e intercala a música para que as palabras
faladas, berradas, entren e reciban a cálida acollida do grupo.
Antón é un performer, un extraordinario animador sociocultural e, cando ve
que fraquean os ánimos, dálle un novo impulso. Fala rápido, apaixoadamente, con
todo o corpo e sempre mira os ollos dos seus interlocutores. Move as mans como
se as palabras buscasen un burato polo que as ideas se convirtan e mensaxes, un
aparente caos moi ordenado. E sorrí, bracea, sobe a unha cadeira, saúda a
cámara, escolle un neno ou unha nena para facelos intervir, pequenos actores do
espectáculo do que están disfrutando.
Sexa como sexa, Antón impregna as súas palabras e a súa música desa virtude
que só transmiten os que están empapados das ensinanzas doutros antes de comezar
a falar e a tocar. O resultado é esa forma de entregarse ao grupo desde a
paciencia, sen présas, como se o timbre ou o reloxe se involucrasen no
espectáculo.
Por que será contacontos, actor, músico, animador ...Non sabemos pero, polas
mensaxes que transmite, semella inconforme co mundo no que vivimos e trata de
buscar outros paralelos organizados coa súa orde propia, sen normas
preestablecidas. En todo caso ten a profundidade de quen coñece as entrañas da
vida e usa o humor sagaz dos intelixentes. En palabras da escritora brasileira
Nélida Piñón "A República dos sonhos é o lugar onde a maioría das esperanzas
humanas poden cumprirse". A aula de 1º de ESO A converteuse na "República dos
sonhos" de tod@s @s que ali gozamos da voz e da
presenza de A. Castro.
Mª do Carme Cozinha
Viaxe cultural a Padrón
Enviado por Normalización o Mér, 07/04/2010 - 09:55
Unha expedición formada por 34 alumnos de 1º e 2º de BACH,
Pola mañá visitaron o PADROADO ROSALÍA DE CASTRO onde, alén da semblanza biográfica e
A mediodía, aproveitando o tempo despois de xantar,
No centro da vila poideron descubrir a relación desta coa
Xa de tarde visitaron a FUNDACIÓN CAMILO JOSE CELA en IRIA
A excursión completouse coa visita á COLEXIATA DE IRIA
|
||
|
NEOFALANTES
Enviado por Normalización o Mér, 07/04/2010 - 09:28
O día 23 de Marzo as 13:30 a profesora Mª Helena Fidalgo de
Lemos participou nunha tertulia co alumnado de 2º de BACH do noso centro.
Descendente dunha familia con raices galegas asentada en
Goa, Helena Fidalgo naceu en Mozambique e realizou estudos de BELAS ARTES na
Universidade do Porto durante a transición democrática en Portugal.
Posteriormente, por razóns persoais pasou a residir na Coruña e iniciou o
proceso de integración na cultura galega.
Tras facer unha exposición da súa traxectoria persoal e
artística, a profesora (docente do departamento de ARTES do IES MONTE CASTELO)
proxectou imaxes da súa produción pictórica e dialogou co estudantado.
ACTIVIDADES MODELO BURELA
Enviado por Normalización o Mér, 07/04/2010 - 09:08programa do MODELO BURELA.O profesor Bernardo Penabade do IES PERDOURO participou en
dúas sesións didácticas dirixidas ao alumnado de 2º de BAC; ás 8:45 estivo co
grupo de 2º de BAC-A e ás 11:45 co grupo 2º de BAC-B.Co obxectivo de profundizar nos contidos da área de
SOCIOLINGÜÍSTICA, Penabade expuxo ao alumnado unha clasificación dos diferentes
grupos linguísticos que conviven na Burela actual, deténdose moi especialmente
nos semi ou pseudobilingües diglósicos e nos bilingües e trilingües primarios e
secundarios. En consonancia cos principios do MODELO BURELA defendeu un ensino
que favoreza o trilingüismo e transmitiu ao estudantado a necesidade de
correxir dous déficits: a expresión escrita en galego e a fluidez oral nunha
lingua estranxeira.
Día Internacional da Muller Traballadora
Enviado por Normalización o Lun, 15/03/2010 - 13:30O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén coñecido como Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que se celebra en todo o mundo. O alumnado do IES Monte Castelo Tamén aportou o seu grao de area confeccionando marca páxinas e escritos en prol da muller traballadora.
Cada paso que dá, nota a calor abrasante nos pés que cada
vez se fai máis insoportable, os raios de sol e o vento do deserto fanlle
escocer os ollos.
A Zaínda non lle importa ir buscar auga ó pozo. Mentras que
camiña, gústalle evadirse da realidade, meterse nese pequeno recuncho da súa
conciencia que só lle pertence a ela. Imaxinar como será aquel sitio do que seu
irmán lle falou tantas veces antes de marchar, aquel mundo lonxano de novas
oportunidades. Marchou coa promesa de escribirlle todos os días.
Zaínda leva cinco anos indo buscar auga ó pozo, aínda espera
pola primeira carta.
Vicky Cuba 2º BAC
A inocente Amaga
Chámome
Amaga, teño 6 anos e vivo en Rusia. Encóntrome nun refuxio que teño na miña
casa. Pero non entendo nada.¿Qué fago aquí con miña mai e meu irman Pedro? O único
que me acordo é que meu pai levaba uns días preocupado e falando por teléfono. Estamos
a comer cando de súpeto escoitamos unha explosión fóra, meu pai dixo``é a hora´´.
Entroume moito medo pero non sabía o que pasaba,o que fixo foi mandarnos
agocharnos nun refuxio que tiña preparado. Eu nin sabía que existía. Ao deixarnos alí el marchou, e dixo que non nos
preocuparamos xa que non pasaba nada. Eu son pequena pero eu sabía que algo
estaba a ocorrer.
Xa
hai un mes que non vexo a papá ¿Por qué non esta con nós? ¿Abandonaríanos?
Xa case non queda comida. Mamá
chora,pero cando eu vou xunto dela trata de non mostrarme preocupación. Pedro
faise forte pero estou segura de que o sente máis ca todos. Eu síntoo pero non
poido estar triste non sei o que pasa, mamá non me quere contar nada. O único
que sei é que o meu papá non está aquí. Todos os días escoito xente berrar,
disparos e derrumbarse casas. Teño moita curiosidade por saír e ver o que está
a pasar pero sei que se saio non volvo.
Por
fin chegou o día, vou ver a papá, díxome mamá. Entramos e unha nave. Había
moita xente. O acontecementó debeunos cansar moita .Xa que estaban todos a
durmir.
Naiara Baumgartner 3º ESO
San Valentín
Enviado por Normalización o Ven, 26/02/2010 - 12:52
O alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC recadan fondos para a excursión de fin de curso, colaborando con Normalización Lingüística coa venda de carabeis con cartolina en galego.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »