Normalización

Maratón de lectura

O alumnado do IES Monte Castelo,  participou no maratón que organizou a delegación de cultura do Concello de Burela,  coa finalidade de fomentar a lectura de textos en galego.

HAIKUS

NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA  colabora na tradución de haikus ao galego na exposición que fixeron os departamentos de artes e biblioteca.

VISITA A SANTIAGO

O alumnado de 4º da ESO segue a visitar as institucións gobernamentais coa finalidade de coñecer o seu funcionamento. Despois de visitar o Congreso de Deputados desprázanse a Santiago para coñecer o Parlamento de Galicia.

Aproveitaron esta saída para visitar outros lugares de interese : Museo  do Pobo Galego, Cidade da cultura ...


VISITA Á DEPUTACIÓN DE LUGO

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, recibiu 
no Pazo de San Marcos a 40 alumnos de 3º e 4º da ESO do colexio Monte
Castelo de Burela logo de que os rapaces se interesasen por coñecer a
actividade que está a desenvolver o organismo provincial

 

 

VIAXE CULTURAL A MADRID

Os días 13,14 e 15  un
grupo de 29 alumnos de 2º de BAC acompañados de catro profesor@s (
Carme Cociña, Manuel Parga, Herminia Pernas e Nicole Somoza ) fixemos
unha visita cultural a Madrid.

O luns 13 visitamos  as Cortes, o Madrid dos Austrias e o dos Borbóns. Pernoctamos nun albergue xuvenil da rúa Mejía Lequerica.

O
martes 14 visitamos o Escorial pola mañá e o Museo do Prado e o xardín
Botánico pola tarde (aquí fixéronse dous grupos, os de Ciencias por un
lado e os de Humanidades e Ciencias Sociais polo outro).

Pola noite disfrutamos do último espectáculo de La Fura dels Baus : Degustación de Titus Andrónicus.

O mércores 15 visitamos os palacios de La Granja e Riofrío pola mañá. Pola tarde regresamos a Burela despois de pasear polo casco histórico de Segovia.

Foi unha experiencia estupenda que esperamos repetir en anos próximos.
 
     

 

 

VIOLENCIA DE XÉNERO

Na IV Conferencia Mundial sobre Mulleres, celebrada en
Beijing (China), en setembro de 1995, recoñécese que a violencia contr as
mulleres é un obstáculo para a igualdade, o desenvolvemento e a paz dos pobos,
impedidndo que as mulleres teñan os seus dereitos e liberdades fundamentais.


A violencia é un feito frecuente dentro das familias, nos
lugares de traballo, na escola e na sociedade en xeral.


Que entendemos por violencia de xénero? Segundo a
Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller das Nacións Unidas
en 1994, a violencia de xénero ten que ver con todo tipo de violencia que se
exerce coas mulleres polo simple feito de selo, e inclúe malos tratos de
parella, agresións físicas ou sexuais de estraños, trato social denigrante,
culturización negativa da igualdade e un longo etcétera. Unha das claves
principais para erradicar a violencia de xénero está na educación en igualdade
xa que pode MODIFICAR actitudes, SENSIBILIZAR para desmarcarse de estereotipos
sexistas que sustentan a desigualdade; ESTABLECER formas alternativas que
fomenten o equilibrio de poder para IR CREANDO modelos nos que non se tolere a
violencia. Trátase de APRENDER A RECOÑECER as SITUACIÓNS NON IGUALITARIAS que
se producen dun xeito oculto e tan sutil   que fai que en moitos
casos sexa aceptada por moitas persoas.

 

 


LORENA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ, ex-alumna do IES  MONTE
CASTELO, licenciada en Filosofía e Letras, subcampeoa de España na modalidade
de Goshin Shobu ( Defensa Persoal), vai tratar de desmontar para nós os falsos mitos
que existen sobre a violencia de xénero ( só se dá en familias pobres,
marxinais, inmigrantes; non nos debemos inmiscir en asuntos de familia,
isto nunca nos vai suceder, "cando unha muller di non, quere dicir
si"...).


É un convite á reflexión para que nos cuestionemos a
educación recibida e para, deste xeito, poder cambiar o noso futuro.

Carme Cociña

 

MAGOSTO-2010

Un ano máis o alumnado da ESO celebrou a festa popular do Magosto,  realizando actividades deportivas para rematar cunha degustación de castañas asadas.

   
     

 

SAMAÍN 2010

Os alumnos de ESO e BAC expoñen cabazas e fan lecturas de textos terroríficos na biblioteca co gallo da celebración do Samaín .

CONCURSO DE CABAZAS E RECEITAS DE OUTONO

RECEITAS:                                                           CABAZAS:

1º PREMIO : Sabela Teijeiro                                    J. Manuel García

2º PREMIO: Eva Chao                                              Eloi Labaén

3º PREMIO : Xabier Oya                                          Manuel Muíños

 DEPARTAMENTO DE ARTES
     
     

VIAXE CULTURAL ÁS MEDULAS, LAGO DE CARUCEDO E VILAFRANCA DO BIERZO

Realizada o 20de outubro co alumnado de 4º ESOe 2º BAC. Os departamentos responsables foron o de CC.SS., Latín,  Ciencias Naturais e  Normalización Lingüística.
Escolleuse este nivel porque acaía moi ben como actividade interdisciplinar partindo dun enfoque filolóxico integrador para favorecer o uso das capacidades deductivas dos alumnos que foron adquiridas a través da resolución das tarefas a realizar.
Tendo en conta a paisaxe como obxectivo interdisciplinar, os seus obxectivos foron:
•    Descubir aos alumnos a pervivencia do mundo clásico no mundo actual: aspectos lingüísticos, históricos, económicos e medioambientais.
•    Comparar os cambios económicos aportados pola presenza romana coas transformacións da Revolución Industrial.
•    Comprender a influencia do Camiño de Santiago no devir da nosa historia.
•    Implicar ao alumnado na conciencia medioambiental.

   
     

Revista Normalización e Biblioteca

Distribuir contido