Normalización

Premio no 18º Certame de Contos e Relatos Curtos "Trapero Pardo"

 

O Concello de Lugo convoca o 18º Certame de Contos e Relato Curto "Trapero Pardo" para fomentar a creatividade literaria entre os estudantes lucenses.

 

-Categoría de 12 a 14 anos:

1º Premio:

Gañadora: Lorena Barrera López, alumna de 4º ESO do IES Monte Castelo

 

 

-Categoría de 15 a 18 anos:

2º Premio:

Gañadora: Amara Chao Durán, alumna de 2º BAC  do IES Monte Castelo

 

Os alumnos premiados recollerán o premio o xoves 20 de decembro no Salón de plenos do Concello de Lugo ás 12 da mañá.

A LOMCE RESTA AO GALEGO

Visita a Deputación de Lugo

 

 

 

 

4 de decembro 2013- Os alumnos de 4º ESO e de 1º de BAC visitaron a Deputación de Lugo, dentro da visita ás distintas institucións do Estado, donde foron recibidos por Alfredo Llano (Deputado Director de Innovate). Tamén visitaron o Museo e o cemiterio de Lugo donde está o "xardín das lembrazas".
   

Premio VI Concurso de Microrrelatos sobre Violencia de Xénero

A Delegación de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Burela convoca o VI Concurso de Microrrelatos do 25 de novembro:día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

O 1º premio na categoría de menores de 18 anos foi concedido a Amara Chao Durán (alumna de 1º BAC do IES Monte Castelo).

Noraboa!!!                                                                 

Premio do I Certame de Relato Curto e Poesía da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña

 

  Accións, accións que pouco a pouco foron mudando en rutina. Sen percatarse, sen tan sequera poder chegar a asimilalo; mais,melancolicamente, agora visible para calquera. Nauseabunda rutina.

 

  Ao comezo tan só eran os berros e as malas faces, máis tarde todo mudou. Como é obvio, para peor. Chegaron os descalificativos, continuos. Todo ía trocando pouco a pouco, até tal punto que agora non había volta atrás. En efecto, non era culpa súa. Día a día, ela consentía as súas verbas cargadas de malicia, os seus broucazos dolorosos. El atopábase nun estado de profunda

impasibilidade, xa non lle quedaba ren da exigua compaixón que mostraba no empezo.

 

Ela toleraba abafada polo medo das novas de cada xornada, esas que falaban de mulleres mortas a mans dos seus maridos, das súas respectivas parellas. Ela non, non se deixaría vencer. Loitaría e non sumaría un nome máis á lista das VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Se cadra faltáballe coraxe para denuncialo. Era complexo e non tiña os apoios que precisaba neses intres.

 

As xornadas ían pasando, as contusións e o maltrato psicolóxico persistían, aumentaban. Reflexionara moito e, ao fin, tomara unha determinación: denunciaría, escaparía daquela gaiola na que fora encarcerada. Quería tornar de vida, precisaba ser unha ave en liberdade; estaba cansa de todo aquilo. Desventuradamente, aquela foi a última decisión que pasou polo seu maxín, a súa derradeira vontade... O silencio dun cento de mulleres acompañado dun aplauso final volveu a marcar unha xornada tinguida de negro do almanaque daquel ano...

 

NON MÁIS SILENCIO, NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO!


Hoxe entrevistamos a Amara Chao Durán gañadora do Premio do I Certame de Relato Curto e Poesía da Facultade de Humanidades e Documentación.

 

“A escritura introdúcete noutros mundos alleos do que vivimos”. 

 

- Bos días ,Amara! Moitas grazas por esta entrevista.

 

Grazas a vós por facerma e interesarvos pola miña traxectoria. 

 

- Que te impulsa a escribir? En que te inspiras?

 

Pois a verdade, en diferentes cousas cada vez e  depende ao mellor, do momento. Fun evolucionando: ao principio escribía sobre realidades máis concretas e, agora, máis abstractas ou quizais diferentes, ao madurar por así dicilo, e ter outras vivencias.

 

- Cando empezaches e que buscabas?

 

Eu creo que os meus primeiros textos escribinos con cinco ou seis anos para os certames que facía o Concello de Burela. Ao comezo, simplemente participaba por

divertirme e pasar o tempo (risas).

 

- Escribes para ti ou pensas nuns posibles lectores?

 

Normalmente escribo para min pero, algúns textos van enfocados a certa temática ou certos lectores. Sobre todo, ós que quero presentar aos distintos certames, que teñen que axustarse a unhas bases.

 

 

 

 

 

- Un aspecto que chama a atención é que sendo tan nova gañaras varios premios. Poderías facer un breve resumo dos mesmos?

 

Como xa dixen ao comezo, presenteime aos certames que organizaba o Concello de Burela co motivo das Letras Galegas, Nadal... (normalmente de poesía). Máis adiante, gañei fases provinciais destes certames, e isto, animoume a seguir escribindo. Logo viñeron os éxitos un pouco maiores: os premios sobre A violencia de xénero do concello de Burela, o premio Trapero Pardo e, finalmente, este do

I Certame de Relato Curto e Poesía da Facultade de Humanidades e Documentación. Eu creo que foi un dos máis destacados. Tamén é moi importante para min o dos 25 anos do Hospital da Costa, polo que significa este para a comarca.

 

 

-  Ten algunha relación a temática dos relatos?

 

Algúns deles, poderíase dicir que si, xa que teño varios que versan sobre a paisaxe (de Lugo, da Coruña e de Burela).

 

 

- Que representa para ti a escritura?

 

Creo que a escritura e moi importante, xa que supón unha maneira de desenrolar a imaxinación e introducirte noutros mundos alleos do que vivimos.

 

 

- É necesario ser un bo lector para formarse como escritor?

 

Posiblemente xa que das distintas obras que vas lendo, podes recoller moitas influencias e moitas ideas. Ademais, canto máis les, mellor podes escribir e menos faltas de ortografía terás.

 

 

- O teu libro preferido?

 

Non teño ningún libro preferido, pero gústanme moito, os libros realistas e os históricos. Os que menos, son os de ciencia-ficción en fantasía.

 

- Din que a literatura e unha viaxe a través da imaxinación, que lugar de  Galicia converterías en Literatura? E de España?

 

Como xa dixen, de Galicia, fíxeno (ou polo menos intenteino) coas provincias de Lugo e A Coruña. De España, non sei, pero hai milleiros de lugares preciosos e que perfectamente serían marcos literarios. En realidade creo que a literatura está en todo ou en case todo. 

 

- Que persoa, personaxe ou suceso se reflexa nos teus escritos?

 

Máis ben sempre son abstractos, ou sexa, non hai unha persoa; pero moitas veces, pódese ver nos meus personaxes algunha vivencia miña ou algún detalle autobiográfico.

 

- Estás acabando unha etapa da túa formación académica. Que botarás de menos cando vaias á  Universidade?

 

Quizais o pobo, Burela e tamén se cadra, estes certames xa que moitos deles teñen como limite de idade para presentarse os 18 anos. Serán outros novos, pero supoño que máis complexos.

 

- Que tes ganas de deixar atrás?

 

Apetéceme entrar nunha nova fase nesta vida e comezar unha etapa lonxe de aquí, aínda que o botarei de menos (risas).

 

- Que carreira vas estudar?

 

De momento non o teño definido, pero obviamente unha de Ciencias Sociais e posiblemente un dobre Grado.

 

-A que te gustaría dedicarte? Cal é o teu soño?

 

Como non teño claro o que vou estudar, pois aínda non sei (risas).

 

 

-Que pregunta che gustaría que te fixeran nunha entrevista?

 

Pois se me gustaría publicar (risas).

 

-Gustaríache publicar algún libro?

 

Pois a verdade é que si. Gustaríame facer unha recompilación de todos os meus relatos para poder ver o que opinan os demais deles, e se nun futuro tivera éxito, continuar escribindo.

 

Dende aquí quixéramos dar as grazas a Amara  por acceder a concedernos a entrevista e pola súa amabilidade.

 

 

Lucía Gavela Martín.

IV Día da Ciencia en Galego

O  martes 12 de novembro  realizarase

 

unha videoconferencia para alumnos de 1º de BAC de 12:30 a 13:30 horas. A videoconferencia titulase "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" e o relator será Jorge Mira Pérez, doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade está organizada polos departamentos de Física e Qúimica, Bioloxía e Xeoloxía e Normalización Lingüística.

MEDIR TAMAÑOS E DISTANCIAS DA TERRA A LUA E Ó SOL.

A conferencia comeza señalando no lugar onde nos atopamos os galegos, entre as linguas do mundo (5ªposición).

TERRA PLANA

Grecia: Cando un barco se alonxaba, observaban que desaparecían. Non daban coa explicación de porque sucedía, ata que se deron conta de que a terra era redonda, non plana.

Cando estamos nun eclipse de Lúa, se a sombra da Lúa na terra era redonda, a terra tiña que ser redonda. Esto observouno Aristarco de Samos.

-240 a.C (276 a.C-194 a.C- Erastótenes). En Alexandría, no sosticio de verán, o sol facía un ángulo cunha columna colocada en Alexandría. En Siena, o sol caía nun pozo, a diferencia do fenómeno ocurrido en Alexandría. Co cal, deduciu que a terra non podía ser plana. O sol ven dende tan lexos que a luz entra paralela as dúas ciudades.

 

.A sombra da terra é mais grande ca da  Lúa. 2 veces mayor (2500-tamaño real da Lúa)

*1/50 da circunferencia total da terra. (4000 km-circunferencia real da terra).

Aristarco de Samos (310 a.C-230 a.C)

·         O eclipse de Lúa non se manifesta en todo o mundo, só nunha parte que vai en movimiento.

·         Triángulos semellantes: Saiulle que estaba 20 veces mais lonxe da Lúa (o sol 20 veces maior )

 

·         A sombra que forma o sol é apenas un puntiño.

·        Distancia Terra-Lúa

Colleu unha moeda, e colocandoa no seu ollo observou que tapaba a lúa, e deduxo que a distancia da lúa a terra era 20 veces maior.

·        Hipato de Nicea (150 a.C)

Mideu a distancia do sol a lúa e a terra.

(-113,5 diámetro da terra= 3640 km( Casi clavado ó radio da lúa, ¡EXTRAORDINARIO!)

 

 

 

 

 

Rocío Martín Martín

1ºBAC A

OBRADOIRO DE LUSOFONÍA

O VALOR DO GALEGO

Este é o título do obradoiro que a profesora LOAIRA MARTÍNEZ fixo con alumnos de 3º e 4º da ESO.  A través dun brillante traballo cinematográfico falounos da normalización do uso do galego, sen perder de vista a súa negación na Galiza durante cinco séculos pola monarquía e o Estado Español, mentres se extendía polo mundo por obra dos portugueses. Non esqueceu a resistencia como lingua falada, permanecendo, apesar da proscrición, como idioma propio no pobo, na familia, nas relacións sociais, nos traballos, nos sentimentos, na toponimia...

Ficou ben claro que o galego é a lingua nacional da Galiza  e non se necesitan máis argumentos para reclamar a plenitude do seu uso . Temos, aliás, a grande fortuna de, a través do galego-portugués, o galego ser unha das princpais linguas intercontinentais, con todas as consecuencias culturais, económicas e sociais que iso implica.

O maior símbolo da Galiza, a súa lingua,  é a porta que  nos abre o acceso a toda a Lusofonía. Esta realidade, sistematicamente oculta á sociedade, tenta mostrar as verdadeiras dimensión e potencialidade da nosa lingua, falada nos cinco continentes por máis de 250 millóns de persoas. Brasil, Angola, Moçambique, Guinê Bissao, Cabo verde, Portugal...som ámbitos laborais que non se poden desprezar. Alén diso, as empresas galegas son cada vez máis conscientes da necesidade de internacionalizarena a súa actividade e de procuraren novos mercados para os seus produtos e e servizos.

O galego é un factor que suma, unha vantaxe competitiva que serve para situarnos de forma diferencial en mercados moi competitivos, en contraposición a uns mercados europeos paralizados ou, cando menos, ralentizados pola crise. Novos lugares para facer negocios emerxen na América Latina e en África. Economía , lingua e cultura únenese neste contexto para facilitaren a comunicación da nosa xuvntude desempregada e do empresariado galego en novos lugares nos cinco continentes.

SAMAÍN

O profesor Rafael López Loureiro é o principal defensor da tese da galeguidade do Samaín. Para el, o costume sobreviviu en Galicia ata épocas relativamente recentes (polo menos ata hai uns 30 anos) en que esmoreceu para converterse, unicamente, nunha celebración do día de Defuntos. López Loureiro realizou un estudo no que recolle testemuñas e referencias documentais desta tradición e creou unha unidade didáctica que utilizou nos colexios de Cedeira e, pouco despois, deSantiago.

Segundo este investigador, a tradición esténdese por toda a antiga xeografía céltica europea. En España, está presente en localidades rurais de AsturiasAragónCantabriaCastela e León ouMadrid. Respecto a Galicia, López Loureiro afirma que "atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes</ i>"[2].

Comprobou que se mantiña vivo en Cáceres, na zona de fala galega, así como nas áreas galegofalantes de León e Zamora.

Xoán Xosé Pérez Labaca tamén defende a persistencia do samaín en Galicia, e escribe que "aquí era fai uns anos, nalgúns sitios aínda é, moi habitual polas vésperas do Día de Defuntos collercabazas ... e facer con elas caras aterradoras cuns ollos e unha nariz abertos e colocando uns pauciños, como dentes, na feroz boca aberta, ás que se lle poñía dentro acendido un cabo dunha vela".

Estas cabazas iluminadas colocábanse sobre os valados ou nas encrucilladas, para asustar os camiñantes.

Nalgunhas localidades galegas empregábanse nabos no canto de cabazas, o refrán di:

  • Polo tempo de tódolos Santos (1° de novembro) mira os nabos; se fosen bos, di que son malos.

 López Loureiro dicía que "Non me chama tanto a atención o feito de que hoxe os nenos xa estean a celebrar o Samaín en todo o país, como que se recupere, incluso, ata o nome, do que xa só había referencias escritas en textos moi contados, como aquel no que don Ramón Otero Pedrayo falaba das fadas e dos defuntos que no tempo do Samaín, en Irlanda, bebían nas fontes do esquecemento"[5].

O samaín formou parte da candidatura á declaración da UNESCO do patrimonio inmaterial galego-portugués na candidatura multinacional "As tradicións orais galego-portuguesas"


Os alumnos de 1º de BAC do noso instituto tiveron este ano a oportunidade de escoitar como se celebra esta festividade en Irlanda . A profesora da Universidade de Edimburgo, NÍCOLA BERMINGHAN,que se acha entre nós estes días, impartiu unha conferencia para eles. Durante cincuenta minutos tiveron a oportunidade de comprobar o seu propio nivel de inglés e de conversar con ela nun fluído galego.  Galego-Inglés, Inglés-Galego , o noso pasaporte para o mundo. Se sumamos o español xa podemos visitar calquera rincón do planeta. 

 

Asunto: Clausura da exposición sobre ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este mércores foi clausurada na Casa da Cultura de Burela a exposición sobre Roberto Vidal Bolaño que se puido ver nestas instalacións desde o pasado 23 de setembro. 

Ao acto asistiron, entre outros , o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez; o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo, José Jesús Ramos Ledo; o alcalde de Burela, José María González Barcia, entre outras personalidades.

O investigador e presidente da Fundación ROBERTO VIDAL BOLAÑO, D. Manuel Quintáns , aproveitou a ocasión para comentarlles aos alumnos dos IES PERDOURO e MONTE CASTELO  alí presentes, algúns aspectos biográficos e bibliográficos do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Os rapaces non perderon a ocasíón de preguntar sobre algunhas das pezas do dramaturgo compostelán.

Un acto breve pero intenso no que D. Manuel Quintáns nos achegou unha emotiva lembranza dun dos máximos representantes da dramaturxia galega das últimas décadas

 

Son de Nós nun concerto a 7 voces - No camiño da Lingua

No Camiño da Lingua - Concerto Modelo Burela

O sábado día 4, ás 9 da noite, a Igrexa da Vila do Medio de Burela convertíuse nun auténtico paraíso para melómanos. O Grupo Vocal Son de Nós ofreceu, coas pinturas medievais como privilexiado tapiz de ambientación, un concerto que leva por título "Os camiños da Lingua" e co subtítulo "Concerto Modelo Burela". Unha vez máis, coa interculturalidade como fío condutor, o Modelo Burela continúa fomentando a comunicación entre escola e sociedade, e neste caso faino a través do labor de músicos profesionais. Son de Nós, un septeto vocal dirixido polo Maestro viveirés Plácido Travieso Fernández (Viveiro, 1972), preséntouse en Burela despois dos éxitos recollidos en diversas actuacións, entre elas tres na Mariña: na Igrexa do Vicedo, no Conservatorio de Música de Viveiro -con motivo da presentación dun novo libro do escritor Séchu Sende- e na Semana Santa da parroquia de San Martiño.

Monecreques no CEIP Vista Alegre

ALUMNADO DO NOSO CENTRO FAI QUE DESFRUTEN OS NENOS DE INFANTIL DO VISTA ALEGRE CUNHA ACTUACIÓN DE MONECREQUES

Distribuir contido