NORMALIZACIÓN
O SAMAÍN
Os alumnos da ESO participaron na elaboración de cabazas e traxes para celebrar a festividade do Samaín.
CONFERENCIA DE ANTÓN NIÑE
O profesor do IES Perdouro impartiu unha conferencia destinada aos rapaces de Bacharelato sobre os enterramentos nas distintas culturas (nos países nórdicos, nos países mediterráneos, en América e os enterramentos galegos) e aproveitou para facer un repaso da arte dos mausoleos desde a antigüidade á actualidade.
VIAXE A ALLARIZ-OURENSE
Aproveitando o intercambio cos alumnos checos, un grupo de alumnos de 2º e 1º de bacharelato foron coñecer as vilas de Allariz e Ourense.
TEATRO
Os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asisten á representación de O club da calceta a cargo do grupo O Morcego.
LECTURA NA AULA
Os gañadores do concurso de microrlatos "Contra a violencia de xénero" do ano 2008 fixeron lectura dos seus respectivos textos diante dos alumnos de 2º de bacharelato.
O MAGOSTO
Como todos os anos, celebrouse un magosto popular destinado aos alumnos de todos os cursos da ESO.
CONFERENCIA "NON VIOLENCIA DE XÉNERO"
A escritora María Reimóndez impartiu unha conferencia o 24 de novembro para os alumnos de 3º e 4º da ESO.
CONFERENCIA "MAIO DO 68"
Os profesores Águeda Barcia, Carmen Beltrán e Ricardo Gurriarán impartiron unha conferencia para alumnos de 2º de bacharelato con motivo da celebración do corenta aniversario do maio do 68.
CARTA AOS REIS MAGOS
O Equipo de Normalización Lingüística elaborou un modelo de Carta aos Reis Magos que despois foi distribuída entre os rapaces dos dous centros de primaria da nosa vila (CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre) e a galescola Guiñol.
CONCURSO CONTRA A VIOLENCIA
REBECA SÁEZ, alumna de 2º de BAC gaña o primeiro premio dun concurso de relatos sobre a violencia organizado polo concello de Burela
VISITA DO ALUMNADO DE 1º CICLO ESO AO BELÉN DE BEGONTE
|
|
|
|
CONCURSO DE CARETAS DO ENTROIDO
CONFERENCIA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O día 8 de marzo a xornalista Rocío Corral e a fisioterapeuta Rosana Carballés impartiron unha conferencia destinada aos rapaces de 1º e 2º de bacharelato. O tema xirou en torno ao traballo da muller no xornalismo e no mundo do deporte.
CONFERENCIA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA POR BERNARDO PENABADE SOBRE O MODELO BURELA
O venres 3 de abril o profesor do IES Perdouro de Burela veu explicar aos alumnos de 2º de bacharelato o Modelo Burela de Normalización Lingüística.
Este modelo expón a convivencia de xentes procedentes de catro continentes e totalmente integrados na lingua da nosa comunidade. Burela é un modelo de vila monolingüe en galego (salvando as excepcións dos inmigrantes de fala castelán: asturianos, peruanos...). Propón, ademais, a aprendizaxe do castelán e do inglés como linguas de cultura e comunicación universal.
CORRELINGUA 2009
O alumnos/as do 1º CICLOde ESO, participaron no correlingua que se celebrou o día 12 de maio na vila de SAN CIBRAO. O percorrido foi bordear a península partindo das antigas fábricas de salgado de peixe para rematar cunha festa no centro da vila.
VISITA Á FÁBRICA DE CERÁMICA DE SARGADELOS
O alumnado do 1º ciclo de ESO fai unha visita guiada á Fábrica de Sargadelos, aproveitando para facer roteiroS pola zona de Cervo.