Escola de arte e superior de deseño

Escolar de arte e superiores de deseño

Novidades graos e ciclos superiores impartidos na EASD Mestre Mateo para o curso 2023-2024

Información sobre o NOVO ITINERARIO do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto en Xoiaría e Complementos PUBLICADO NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA O PASADO VENRES 12 de maio e que se porá en marcha para o curso que vén, e que vén sumarse ao itinerario Xeral xa implantado previamente

https://easd.es/deseno-produto-publicado-o-novo-itinerario-do-titulo-de-grao-en-deseno-de-produto-en-xoiaria-e-complementos/

2.- información sobre as probas de ACCESO para o curso 2023/24:

 

  • Acceso Ciclos Formativos en Artes Plásticas e Deseño (Fotografía; Técnicas Escultóricas; Xoiaría Artística; Cerámica Artística; Dourado, Prateado e Policromía; Ebanistería Artística; Escultura Aplicada ao Espectáculo; Gravado e Técnicas de Estampación; e Ilustración):

Exemplos das probas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24431

 

 

3.- Guía completa coa oferta formativa da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia:

 https://easd.es/wp-content/uploads/2022/07/guia-reasdg_V2.pdf

Xornada de Portas Abertas na Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo

O mércores, 29 de marzo e xoves, 30 de marzo,  a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo organiza visitas guiadas destinadas a persoas interesadas en estudar na Escola a partir do curso que vén, pensadas para aqueles/as estudantes que queren vir pola súa conta ou acompañados/as polos/as seus pais/nais ou titores... Durante aproximadamente 1 hora e media realizarase unha visita polas instalacións e tratarase de dar resposta ás dúbidas que poidan xurdir.

Por motivos de aforo só se poderá asistir mediante reserva de cita previa. As persoas interesadas en realizar a visita poden reservar día e hora a través da aplicación que está dispoñible desde as seguintes ligazóns:

Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o MÉRCORES 29 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

Quero asistir á Xornada de Portas Abertas o XOVES 30 de MARZO (Seleccionar o turno desexado):

 

Para aquelas persoas que non puideran asistir ou que non conseguiran praza para a visita, pódese descargar a Guía de Ensinanzas da EASDMM nesta ligazón:

https://easd.es/wp-content/uploads/2023/03/guia-EASDMM-1.pdf.

Distribuir contido