Fondo Social Europeo

ESTUDOS COFINANCIADOS POLA UNIÓN EUROPEA

Os Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR), que se desenvolven a partir do 2º curso da ESO, e os novos itinerarios de 3º e 4º da ESO están cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE).

Con esta medida preténdese conseguir que un maior número de alumnos e alumnas finalicen con éxito a educación secundaria obrigatoria, ou que poidan continuar estudos en formación profesional de grao medio ou no bacharelato.

Con estes fondos fináncianse, nos citados programas e itinerarios, os gastos de profesorado, así como os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% de todos eses gastos.

Por esta razón, é moi importante que se cumprimenten as enquisas do alumnado, por tratarse dun requisito imprescindible e obrigatorio establecido pola Unión Europea para a recepción dos fondos.

 

Programas PMAR

Itinerarios 3º/4º ESO

Distribuir contido