OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AUDIOVISUAL - AGARESO

Amosamos aquí o documental realizado no curso 2015/2016 por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) en colaboración coa ACPP e o IES do Milladoiro. Recordamos que ata o 5 de febreiro poden apuntarse os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO interesados en participar no presente curso 2017/2018.

Outros vídeos realizados en cursos pasados: aquí e aquí.

O obradoiro terá lugar no centro os luns de 16:30 a 18:30, do 29 de xaneiro ao 12 de marzo. O obxectivo é rodar un documental sobre O Milladoiro, para que o alumnado coñeza mellor a súa contorna e as problemáticas que lle afectan, así como desenvolver o seu espírito crítico e a capacidade para o traballo en grupo.

O obradoiro terá lugar nas seguintes datas:

1ª sesión: luns 29 xaneiro. Traballarase a competencia mediática.
2ª sesión: luns 5 febreiro. Nocións básicas de guión, produción, gravación e edición.
3ª sesión: luns 19 febreiro. Coñeceremos as organizacións que integran a Rede do Milladoiro.
4ª sesión: luns 26  febreiro. Gravación en traballo colaborativo.
5ª sesión: luns 5 marzo. Gravación en traballo colaborativo
6ª sesión: luns 12 marzo. Montaxe.

O alumnado interesado en participar debe entregar cuberta e asinada a autorización que lle será entregada no centro e que pode descargarse aquí. Debe entregala en Vicedirección. Data límite: 5 de febreiro.