Obradoiro de Educación Audiovisual con AGARESO

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), en colaboración co noso centro e a ACPP Galicia, ofrece ao alumnado de 2º de ESO a posibilidade de participar, de xeito voluntario, nun obradoiro de educación audiovisual gratuíto que se realizará no centro os luns de 16:30 a 18:30, do 29 de xaneiro ao 12 de marzo. O xoves 11 de xaneiro terá lugar en horario escolar a primeira sesión informativa para solicitar voluntarios.

O obxectivo é rodar un documental sobre o Milladoiro, para que o alumnado coñeza mellor a súa contorna e as problemáticas que lle afectan, así como desenvolver o seu espírito crítico e a capacidade para o traballo en grupo.

O obradoiro terá lugar nas seguintes datas:

1ª sesión: luns 29 xaneiro. Traballarase a competencia mediática.
2ª sesión: luns 5 febreiro. Nocións básicas de guión, produción, gravación e edición.
3ª sesión: luns 19 febreiro. Coñeceremos as organizacións que integran a Rede do Milladoiro.
4ª sesión: luns 26  febreiro. Gravación en traballo colaborativo.
5ª sesión: luns 5 marzo. Gravación en traballo colaborativo
6ª sesión: luns 12 marzo. Montaxe.

O alumnado interesado en participar debe entregar cuberta e asinada a autorización que lle será entregada na reunión e que tamén pode descargarse aquí. Debe entregala en Vicedirección. Data límite: 18 de xaneiro.