Exilio e deportación é unha exposición itinerante sobre o itinerario vital de dous galegos, Joaquín Balboa e Antonio Pérez, primeiro emigrantes económicos e, posteriormente, exiliados políticos. Trala derrota do Exército Popular da República na Guerra Civil, exiliáronse en Francia, onde foron detidos polos nazis e deportados aos campos de concentración. Exilio e deportación é unha aposta pola recuperación da memoria dos republicanos españois que se sentiron “traizoados polos aliados” despois da derrota do nazismo, á que contribuíron. “Seguiron a ser apátridas” porque non puideron regresar libremente ao seu país e, se o fixeron, foi baixo o “silencio imposto pola Ditadura” e o “esquecemento do seu sacrificio polo Estado democrático”, en palabras de Heladio Anxo Fernández Manso, autor da mostra. Exilio e deportación. Joaquín Balboa e Antonio Pérez, de Monterrei e Boborás aos campos nazis estará no IES do Milladoiro entre o 8 e o 22 de maio.
|
|||