ESTUDOS DE ECONOMÍA EN CUARTO DE ESO
ECONOMÍA (4º ESO)EN QUE CONSISTE? Esta materia busca explicar os acontecementos económicos e a estudar linguaxe específica utilizada por economistas e medios de comunicación para analizar eses feitos. O estudo da economía axuda a percibir e a coñecer contorno que nos rodea e a ser persoas informadas, e críticas. QUE SE VAI ESTUDAR? (CONTIDOS) Ideas económicas básicas: principios, metodoloxía e iniciación á terminoloxía. Economía e empresa. Análise do papel e o funcionamento das empresas na economía. Economía persoal. Estudo da transcendencia das decisións económicas e financeiras na vida das persoas, tales como: o orzamento familiar, a xestión do aforro e o endebedamento, a negociación nos mercados financeiros, os tipoloxía de seguros,... Economía e orzamentos públicos, débeda e déficit público e distribución da renda. Economía e tipos de xuro, inflación e desemprego. Análise das cuestións económicas máis relevantes e como se relacionan: tipos de xuro, inflación e desemprego. Economía internacional. Repaso do funcionamento do sector exterior da economía: comercio internacional, globalización, integración económica e monetaria europea, desenvolvemento sustentable. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA…
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL (4ºESO)EN QUE CONSISTE? O obxectivo da materia é desenvolver o espírito emprendedor, así como relacionar ao alumnado coa realidade da súa contorna socioeconómica e produtiva. A iniciativa emprendedora é un valor necesario na educación das persoas, xa que leva o desenvolvemento de calidades como a autoconfianza, a creatividade, a motivación para emprender e o sentido innovador. Todas as persoas terán que emprender na súa vida persoal e laboral, terán que innovar e procurar novas respostas, nun mundo tan cambiante ao que se enfrontan, aínda que non todas vaian levar a cabo un proxecto empresarial propio. Tamén se desenvolverán os coñecementos técnicos precisos para elaborar e executar un proxecto empresarial enfrontándose a unha contorna complexa, dinámica e competitiva. QUE SE VAI ESTUDAR? (CONTIDOS) Autonomía persoal, liderado e innovación: centrado na descrición das calidades e as destrezas persoais asociadas á iniciativa emprendedora e na xeración de ideas innovadoras. Proxecto de empresa. No que se estudan as principais áreas e funcións da empresa co obxecto de pór en marcha o proxecto empresarial xurdido da idea de negocio xerado previamente. Finanzas. Análise das opcións con que contan as empresas para elixir a súa forma xurídica, as fontes de financiamento do seu proxecto empresarial,a necesidade de planificar as necesidades financeiras e as obrigas fiscais e prever a evolución do negocio, garantindo a súa viabilidade. RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA… Proseguir estudos de formación profesional, como preparación ao módulos de "Formación e Orientación Laboral" ou e “Empresa e iniciativa emprendedora“ presentes en todos eles. Prepararse nunha cidadanía responsable e para a vida profesional; para que poidan responsabilizarse da súa propia carreira e do seu camiño persoal de formación, e da toma das decisións clave na súa vida. Prepararse para o acceso ao mundo laboral. Estudar e aplicar as técnicas básicas da dirección e xestión empresarial actuando como innovadores/as no traballo dentro dunha organización ou tamén creando un negocio por conta propia. |
|||