ESTUDOS DE ECONOMÍA NO BACHARELATO
- Economía (materia troncal de opción no bacharelato de Ciencias Sociais, 1º curso, con 4 horas semanais).
- Economía da Empresa (materia troncal de opción no bacharelato de Ciencias Sociais 2º curso, con 4 horas semanais).
- Fundamentos de Administración e Xestión (materia específica en 2º curso, con 3 horas semanais) – Novidade en Galicia
EN QUE CONSISTEN ESTAS MATERIAS?
Economía, de primeiro de Bacharelato, é unha iniciación aos conceptos básicos da ciencia económica, buscando que o alumnado comprenda mellor os mecanismos básicos do sistema de economía de mercado que rexen na nosa sociedade e que tanta influencia teñen na vida cotiá. Explícanse conceptos como: prima de risco, déficit público, crise, taxa de paro, inflación, tipo de cambio, mercado de valores,... e analízanse algúns interrogantes: como funcionan os mercados, para que sirve pagar impostos, como se organiza a Unión Europea, que é o diñeiro, como se elabora a EPA,...
En segundo, a materia de Economía da Empresa, estuda ás empresas e a súa problemática: lexislación, fiscalidade, produción, investimento e financiamento, marketing, contabilidade e organización. Responde a cuestións como: que hai que facer para crear unha empresa, que tipos de empresas hai, que tarefas se desenvolven nunha empresa, como elixen os empresarios que produtos e a que prezo van vender, que é o marketing, como calculan as empresas os seus beneficios, como obteñen as empresas financiamento para levar a cabo a súa actividade, con que frecuencia deben comprar as empresas as materias primas que precisan,...
Economía e Economía da Empresa son materias independentes e non é necesario estudar a de primeiro para matricularse na de segundo, nembargante é recomendable cara a estudos posteriores.
Compre lembrar que as materias troncais de opción son elixibles como específicas noutras modalidades.
Fundamentos de Administración e Xestión ten como obxectivo introducir ao alumnado no funcionamento das empresas, onde tarde ou cedo desenvolverán a súa vida laboral.
As materias de Economía da Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión son complementarias. Ámbalas teñen contidos que en moitos casos se solapan, o que supón un evidente reforzo na preparación daqueles que acudan ás probas finais do bacharelato e/ou de acceso a estudios universitarios coa materia de Economía da Empresa.
ESTÁN ORIENTADAS A…
Proporcionar ao alumno unha base teórica mínima sobre os fundamentos da ciencia económica de forma que sexa capaz de comprender e manexar cun mínimo de soltura os rudimentos da actividade económica e empresarial da vida cotiá.
CONTIDOS (QUE SE VAI ESTUDAR?)
Economía
Economía e escaseza. A organización da actividade económica
A actividade produtiva.
O mercado e o sistema de prezos.
A macroeconomía: medición da actividade económica e o mercado de traballo.
Aspectos financeiros da economía.
O contexto internacional da economía.
Desequilibrios económicos e o papel do Estado na Economía.
Economía da Empresa
A empresa: elementos, funcións e obxectivos. Formas xurídicas.
Desenvolvemento da empresa: decisións de dimensión e localización.
Organización e dirección da empresa.
A función de aprovisionamento e de produción.
A función comercial e marketing da empresa
A información contable a as obrigas fiscais.
A función financeira: decisións de investimento e financiamento.
Fundamentos de Administración e Xestión
Innovación empresarial. A idea de negocio: o proxecto de empresa.
A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos.
Documentación e trámites para a posta en marcha da empresa.
O plan de aprovisionamento.
Xestión comercial e marketing.
Xestión dos recursos humanos.
Xestión da contabilidade da empresa. Investimento e xestión financeira.
Viabilidade da empresa.
Presentación da idea de negocio.
RESULTAN ESPECIALMENTE INDICADAS PARA…
- Para o alumnado que desexe cursar estudos universitarios relacionados co mundo das Ciencias Sociais e Xurídicas. Son moitas as titulacións relacionadas, como Economía, Administración e Dirección de Empresas, Comercio, Comercialización e Loxística, Ciencia Política e da Administración, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública,… e mesmo resulta conveniente para os que opten por títulos de humanidades como Dereito. Tamén poden ser de grande utilidade para afrontar licenciaturas relacionadas con Ciencias da Información (Xornalismo, Comunicación Audiovisual, etc.) ou con Turismo. A materia de Economía da Empresa pondérase con 0,2 nestes graos.
Titulacións ofrecidas pola Universidade de Santiago de Compostela:
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Administración e Dirección de Empresas (Campus de Lugo)
Grao en Ciencia Politica e da Administración
Grao en Comunicación Audiovisual
Grao en Dereito
Grao en Economía
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Campus de Lugo)
Grao en Xornalismo
Grado en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (Lugo)
Titulacións ofrecidas pola Universidade da Coruña:
Grao en ECONOMÍA
Grao en ADE (Administración e Dirección de Empresas)
Dobre grao en ADE + Dereito
Grao en Ciencias Empresariais
Grao en Dereito
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Grao en Turismo
Grao en Socioloxía
Grao en Comunicación Audiovisual
Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto
Administración e Dirección de Empresas (ADE) - Opción Plurilingüe (español/galego - inglés)
Ciencias empresariais+Turismo (Programa de Simultaneidade)
Titulacións ofrecidas pola Universidade de Vigo:
Grao en ECONOMÍA
Grao en ADE
Grao en Comercio
Grao en Dereito
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Grao en Comunicación Audiovisual
Grao en Dirección e Xestión Pública
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
Crao en Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Programa de simultameidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Enxeñaría Informática. Campus de Ourense.
Titulaciós ofrecidas por centros privados:
Grao en ADE da Escola de Negocios Caixanova en Vigo. Titulación bilingüe (BBA: Bachelor in Business Administration).
Dirección de Empresas do Centro de Estudos Superiores de Galicia (CESUGA), na Coruña e en colaboración coa University College de Dublín Título: Bachelor of Commerce.
Hai moitas titulacións nas que Economía da Empresa pondera con 0,2 ou con 0,1 na proba de acceso á universidade:
Rama Xurídico-Social: Economía da Empresa pondera con 0,2 nos graos anteriores e ademais en Ciencias de Actividade Física e do Deporte (campus de Coruña e Pontevedra), Comercialización e Loxística, Socioloxía (sen nota de corte), Consultoría e Xestión da Información e Dirección e Xestión Pública. Pondera con 0,1 no resto de graos desta rama.
Rama de Arte e Humanidades: os graos de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e de Tradución e Interpretación pondera con 0,2 e para o resto con 0,1.
Rama de Enxeñaría e Arquitectura: para Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto e Enxeñaría Forestal pondera con 0,2 e para o resto de enxeñarías e arquitectura con 0,1.
- Para o alumnado que desexe acceder a Ciclos Formativos da denominada Familia de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Secretariado,…), da Familia de Comercio e Marketing (Xestión Comercial e Marketing, Comercio Internacional, Xestión do Transporte, Servizos ao Consumidor,...) ou da Familia de Hostalería e Turismo (Xestión de aloxamentos turísticos, Guía, información e asistencia turísticas, Axencias de viaxes e xestión de eventos,...).
- Tamén para o alumnado que vaia cursar calquera ciclo de formación profesional, como preparación aos módulos de “Formación e Orientación Laboral” e “Empresa e iniciativa emprendedora“ presentes en todos eles.
- Para os que formulen o seu futuro no mundo laboral tratando de levar adiante os seus propios proxectos empresariais, dando continuidade a pequenas empresas familiares ou busquen un posto de traballo de tipo administrativo ou relacionado con actividades comerciais, hostaleiras ou turísticas.
- Para comprender mellor o mundo en que vivimos. Os que busquen aprender a tomar mellores decisións económicas: previr o endebedamento excesivo, mellorar as decisións de aforro, coñecer dereitos e deberes como traballadores, formarse como consumidores responsables,…
- Para ter unha visión da realidade empresarial na que, máis tarde ou máis pronto, van desenvolver a súa actividade laboral, sexa cal sexa o seu labor dentro daquela. Estas materias dan resposta a varios interrogantes como que é una empresa e como funciona, que clases de empresas existen, que beneficios e custes supón a actividade empresarial para a sociedade, como é a organización interna dunha empresa, que influenza teñen as tecnoloxías da información e comunicación na xestión,...
ONDE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Sobre estas materias: presentacións das materias
Sobre titulacións universitarias: CIUG
Sobre titulacións de Formación Profesional: Portal da Consellería/FP