O alumnado de 2º ESO participou o pasado día 4 de marzo no programa "Valores de futuro" organizado polo Departamento de Economía. As dinámicas desenvolvidas durante unha sesión en cada grupo de 2º ESO tiñan como finalidade facer reflexionar e argumentar ao alumnado sobre o valor do diñeiro no marco da educación en valores, e que os alumnos entendan dun xeito práctico como administrar os seus cartos. Con este obradoiro comeza unha actividade, que se desenvolverá ao longo do 3º trimestre, centrada na elaboración dun orzamento para unha saída escolar. |
|||