CARTEIS "FÁLAME SEMPRE", EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Dentro das actividades previstas polo Equipo de Dinamización Lingüística para o curso 2015/2016 está unha chamada “Fálame sempre”. O luns 11 de setembro o Instituto apareceu decorado con numerosas mensaxes penduradas de diferentes lugares do centro (entrada, baños, corredores, chanzos...), en forma de globos de texto de banda deseñada con mensaxes positivas que buscan a empatía, o sorriso e a ilusión. Un dos seus obxectivos é provocar a sorpresa con exemplos de palabras ou frases feitas propias da nosa lingua que, nun contexto e formato diferente, fagan reflexionar ou pensar.

FÁLAME SEMPRE!