Xa temos gañadoras/es do Desata a Lingua 2015:
Premio ao mellor guión orixinal (200 euros) Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio ao mellor guión orixinal á peza Somos o que comemos, de Daniel Iglesias Duro, Rafael Tato Penas, Daniel Expósito Patiño e Jorge Expósito Patiño, de 1º de Bacharelato do IES do Milladoiro. Premio á mellor interpretación (200 euros) Por unanimidade, o xurado acordou outorgarlle o premio á mellor interpretación á peza titulada Teleoperadora de Eva López González e Alex Vázquez Senín de 2º de Bacharelato do IES do Milladoiro. A entrega de premios é este venres ás 20.30 h na Casa da Cultura de Bertamiráns. Noraboa a todo o alumnado e profesorado participante!! |
|||