12/11/15-CIRCULAR INFORMATIVA: ENQUISA DA CONVIVENCIA ESCOLAR

A administración educativa galega acaba de comunicarnos que xa están dispoñibles as ferramentas coas que se vai levar a cabo unha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar, unha actuación que se enmarca dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020, de recente aprobación.

Esta iniciativa está aberta a todos os sectores implicados na vida dos centros de ensino (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias), que poderán participar mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Este cuestionario estará dispoñible entre os días 10 e 30 de novembro.

O alumnado poderá cumprimentar o cuestionario na aula de informática do centro nas vindeiras semanas. En canto ás familias, deberán acceder desde os seus fogares ao enderezo web https://edu.xunta.es/convfami, coa clave individual que no seu momento lles será facilitada polo centro a través dos seus fillos/as.

 

Nos documentos adxuntos atoparán información máis detallada:

 

2015 - Guia usuario cuestionario - censual.pdf

2015 - FAQ Convivencia Censual.pdf

Circular informativa: ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR