O pasado martes 28 de marzo o alumnado de portugués de 1º ESO participou na saída didáctica a Portugal para poñer en práctica o aprendido. Visitaron a Fábrica de Chocolate en Viana do Castelo, onde recibiron as explicacións das guías, información que tiveron que trasladar ao seu caderno de campo. Logo subiron ata Santa Lucía, comeron no centro comercial de Viana e pola tarde foron a Braga onde realizaron un percorrido didáctico polo centro histórico.
|
|||