Novamente en "espazos para a reflexión", a escola de nais e pais da Anpa do IES do Milladoiro, ANPA Milla, realizada en colaboración co Concello de Ames, volve a centrarse no tema da atención á diversidade e nesta ocasión, cun carácter xeral e da man de Inés María Quero Petit, desenvolvendo unha xornada informativa sobre alumnado con necesidades educativas especiais e as medidas de atención e intervención que requiren.. A actividade desenvolverase no IES do Milladoiro, o luns, 6 de marzo ás 19:00 h. |
|||