Volvemos do Entroido xusto o xoves 23 de febreiro, Día de Rosalía, momento en que comezan as actividades de homenaxe dunha escritora que tivo relación co noso concello. Así, durante os recreos desde o xoves 23 ao martes 28 vanse realizar lecturas da súa obra por parte de toda a comunidade educativa. Se non tes elixido un poema, desde o EDLG temos á disposición. O martes 28 vaise celebrar o concurso de recitado (ver bases), ao que aínda vos podedes anotar, e ese mesmo día vai achegarse ao centro María López Sández para falarlle á rapazada de 3º ESO sobre a presenza da flora na súa obra, tal e como estudou para o seu recente libro: O herbario de Rosalía. Ademais destas actividades de lectura e recitado abertas á comunidade educativa en xeral, vanse realizar outras, como a plantación de máis árbores de Rosalía, acción que comezou o curso pasado, así como a colocación dunhas roseiras na entrada do IES. Mais disto xa daremos conta no seu momento. |
|||