MATERIAS PENDENTES, MAIO. ESO E BACHARELATO
-
Do luns 2 maio ao martes 10 de maio, exames de materias pendentes.
-
Entrega de cualificacións de materias pendentes: 12 de maio (xoves). Deberán recollerse persoalmente na secretaría do centro. (VER MOI IMPORTANTE 1, 2).
-
Revisión de exames e presentación de reclamación: xoves 12 de maio e venres 13 (VER MOI IMPORTANTE 3).
-
Comunicación ao titor legal (ou interesado maior de idade) da resolución da reclamación: luns 16 de maio ás 14 horas (VER MOI IMPORTANTE 2).
2º BACHARELATO 2021/22, MAIO (AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA)
-
Do venres 6 de maio ao mércores, 10 de maio. Exames 2º bacharelato
-
Publicación das cualificacións: 18 de maio (mércores).
-
Revisión de exames – presentación de reclamación de materias de 2º bacharelato: xoves 19 e venres 20 (VER MOI IMPORTANTE 3).
-
Comunicación ao titor legal (ou interesado maior de idade) da resolución da reclamación: luns 23 de maio ás 14 horas (VER MOI IMPORTANTE 2).
-
Segunda reclamación (preséntase no centro dirixida á Consellería): martes 24 de maio e mércores 25 de maio, de 9 a 14 h (só se se fixo anteriormente a primeira reclamación ante o centro (VER MOI IMPORTANTE 3).
MOI IMPORTANTE
-
Os boletíns non recollidos serán enviados por correo postal. Neste caso débese ter en conta que probablemente non se reciban ata despois de pasado o prazo de revisión de exames-reclamación ou de matrícula na ABAU, coas consecuencias que iso poida ter
-
A non recollida puntualmente, nese preciso momento, pode supoñer a prescrición dos prazos posteriores, o que implica o decaemento en todos os sucesivos posibles dereitos.
-
A non presentación nos prazos exactos suporá a automática denegación.