Dende o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) organizouse unha xornada para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia, dirixida a alumnas de 1º de bacherelato científico.
En representación das nosas alumnas acudiu Alba Diez Mariño, que desfrutou das conferencias impartidas e participou activamente dun experimento realizado con datos reais, obtidos no CERN, e a posterior discusión dos seus resultados mediante vídeo-conferencia con científicos do CERN e membros de centros de investigación de Roma e São Paulo.
Agradecemos ás investigadoras do IGFAE, que fixeron posible esta xornada, o seu traballo: Sibylle Driezen, Martina Feijoo Fontán, Ana Garbayo Peón, Beatriz García Plana, Alessandra Gioventù, Alicia Muñoz Ramos, Sara Sellam e Verónica Villa Ortega. |
|||