As encargadas de desenvolver o faladoiro científico que se levou a cabo no noso centro o venres, 11 de febreiro, por parte do Comité de Igualdade, co gallo do Día Internacional da muller e a nena na Ciencia, recomendan que visitemos os recursos da SXGQ (Sociedade Xuvenil Galega de Química). Trástase dun grupo de persoas, moitas delas universitarias, interesadas no campo da Química e no uso da nosa lingua, a través da realización de diferentes proxectos e actividades. Ademais da súa páxina web, podes saber máis sobre este grupo e este campo científico tan interesante e cheo de perspectivas de futuro como é a Química, visitando os seus perfís en instagram, twitter ou facebook. |
|||