Hoxe 27 de xaneiro, parte do alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto didáctico da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. O concerto titulábase Das tebras á luz, e baixo a batuta do director ourensán Pablo Devigo, a RFG interpretou pezas de Stravinski, Mussorgski, Manuel de Falla e John Williams. A xornada rematou cun paseo polo parque de Vista Alegre e pola zona vella da cidade de Santiago.
|
|||