Como sabedes, en novembro centrámonos na promoción da ciencia en lingua galega, lingua tan válida coma calquera para facer ciencia. Este ano, desde IGACIENCIA lanzáronnos un reto. Propuxeron o seguinte: Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros, e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.
Pasámoslle a proposta a un grupo de alumnas do EDLG que cursan 3º ESO e aceptaron o reto. Fixeron un poliedro e puxéronlle o nome de “Estrela desaparecida”, así nolo conta Irene Vázquez, unha das artífices:
|
|||