ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021: PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ALEGACIÓNS AO CENSO

Dende o xoves 4 de novembro ata o venres 12 de novembro (límite 14 h) poderanse presentar candidaturas para participar nas eleccións ao Consello Escolar, que se celebrarán o martes 23 de novembro. Para iso é necesario presentar en Secretaría formulario cumprimentado, que se pode obter nesta ligazón ou ben pedir en conserxería. 

No taboleiro de anuncios de dirección, situado fronte a Secretaría, atópase o censo dos distintos sectores da comunidade educativa que teñen que elixir representantes. En caso de erro ou interese en formular calquera alegación aos mesmos, tamén se pode presentar en Secretaría formulario cumprimentado, que se pode obter nesta ligazón ou ben pedir en conserxería. O prazo de alegacións ao censo tamén se inicia o xoves, 4 de novembro e finaliza o venres 12, as 14:00 h.