Nós queremos igualdade, composta e interpretada polos Pitifláuticos (Lorena, Noelia, Ana, Nacho, Matías, Aldán, Alberto, Álex, Iria e Uxía, alumnas e alumnos de 2º ESO D e 2º ESO E) vén de gañar o premio á regueifa máis diversa na categoría escolar. Por outra banda, o dúo Rimas coma balas, formado por Inés e Adrián (2º ESO F), resultaron agraciados co premio á reguifa máis reivindicativa por Exprésate rimando. Moitos parabéns aos afortunados! Neste enlace podedes acceder a toda a información sobre a convocatoria e, como non, a todas as demais regueifas premiadas. |
|||