Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Milladoiro quixemos pechar o ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero coas seguintes accións:
Imos por partes: Serafín Marcos achegouse ao centro o pasado 18 de decembro. No blog do ENDLG hai unha breve crónica sobre a actividade e mais a dedicatoria que nos deixou. Tamén lle concedeu unha entrevista a Diego Madarnás, que se pode escoitar na sección de podcast da radio MillaFalaDoiro.
Sara, Alba e Lucía fixeron o último programa de radio do trimestre dedicado a Carvalho Calero e decidiron entrevistar a dúas profesoras que foran alumnas do autor homenaxeado. Unha delas, Rosa López Boullón, do departamento de inglés do noso centro; a outra, a profesora de Lingua galega e literatura, Merche Espiño, docente nos últimos anos do IES Eduardo Pondal de Santiago. Entre as dúas achegan unha panorámica, desde a propias experiencia persoal, da calidade humana e profesional do profesor Calero, tanto no instituto Rosalía de Castro, coma na universidade compostelá.
O proxecto "Aos quatro ventos" naceu no noso centro coma unha proposta de acción cooperativa-expansiva entre os centros de Galicia que se quixesen sumar. Lanzouse a principios de decembro e, a pesar das datas, sumáronse 30 centros desde os que se fixeron lecturas de fragmentos de obras do autor, tanto literarias como non literarias. O repositorio está colocado desde este 22 de decembro na canle de Youtube do EDLG e a partir del, desde o IES Perdouro de Burela, coa colaboración do profesor Bernardo Penabade, realizaron un espectacular programa de radio.
Desde aquí podedes acceder a todos os centros que leron: poesía, teatro, novela (con varios capítulos d'A xente da Barreira, algunha mostra de Scórpio ou todo o relato As pitas baixo a chuvia, moitos fragmentos da súa obra en prosa ensaística, xornalística...
|
|||