Un número importante de alumnado e profesorado participou na homenaxe que desde o Equipo de normalización e dinamización da lingua galega quixemos renderlle a Rosalía. Esta actividade, que desenvolvemos en colaboración coa biblioteca, realizouse desde a volta do entroido e ata o 4 de marzo. Durante os recreos houbo lecturas por parte de profesorado e alumnado, ademais un grupo de alumnas e alumnos inscribíronse no concurso de recitado. O xurado estivo composto por dúas profesoras: unha representante do EDLG (Maruxa Fernández) e unha da biblioteca (Margarita Rodríguez), e mais cinco membros do alumnado que son axudantes de biblioteca (Manuel Caamaño, Claudia Bretaña, Miriam Villaverde, Clara García e Aida Otero) Os premios foron para Diego Madarnás (1º premio), María Pampín (2º premio) e Adrián Dubra (3º premio).
|
|||