O alumnado do IES anotado no Concurso radiofónico do teatro lido foi gravar as súas pezas esta semana. Tiveron que achegarse a Bertamiráns aos locais de AmesRadio. Catro grupos foron o luns e tres foron onte xoves. Todos en horario de tarde. Lembramos que este alumnado leva neste proxecto desde principios de outubro, elaborou os seus guións, asistiu aos ensaios cos profesionais de "Ibuprofeno teatro", preparou as pezas na casa, escolleu todos os sons para facer os efectos sonoros e agora xa deixaron as súas obras gravadas. Só nos queda escoitar e votar para outorgar o premio do público. A partir do día 3 de decembro comezan as votacións por parte do público, faranse a través do correo electrónico. Para alá xa vos daremos todas as instrucións para escoitar as pezas e poder votar pola que máis vos guste.
Pódense ver as fotografías dos outros grupos participantes no blog do EDLG (O Millafaladoiro)
|
|||