Ao longo da semana do 14 de xuño celebramos no noso centro o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas. Grazas a Gema Santos, intérprete de LSE, o alumnado de 2º e 3º ESO tivo a oportunidade de coñecer a problemática das persoas xordas e de aprender algúns rudimentos da lingua de signos. Ademais, o alumnado do EDLG traballou con Gema na realización de carteis de información e sensibilización. Moitas grazas, Gema, pola túa iniciativa! |
|||