O alumnado de 1º ESO participará o mércores 13 no obradoiro Teatro Foro, da ACPP, dentro do proxecto Escolas sen racismo. O seu obxectivo é educar na paz, na resolución de conflitos e na solidariedade desde unha perpectiva global. Teatro Foro é un xogo teatral no que se expón un problema non resolto e o alumnado debe propoñer solucións e representalas ocupando o papel do/da protagonista das obras. A temática aborda o racismo, representando situacións nas que están presentes os prexuízos e as xeneralizacións. Un equipo de actrices, Feitoría Verde, será o encargado de dinamizar cada sesión, que terá unha duración de 50 minutos con cada grupo de 1º ESO. |
|||