Un curso máis, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do IES do Milladoiro. Terá lugar en sesións quincenais dunha hora de duración, os mércores de 16:30 a 17:30. As sesións terán lugar no IES do Milladoiro nas seguintes datas: 1ª sesión: 7 de novembro 8ª sesión: 13 de marzo 2ª sesión: 21 de novembro 9ª sesión: 27 de marzo 3ª sesión: 12 de decembro 10ª sesión: 10 de abril 4ª sesión: 9 de xaneiro 11ª sesión: 24 de abril 5ª sesión: 23 de xaneiro 12ª sesión: 8 de maio 6ª sesión: 6 de febreiro 13ª sesión: 22 de maio 7ª sesión: 20 de febreiro Os obxectivos xerais desta actividade son: 1- Traballar contidos matemáticos en contextos interdisciplinares. 2- Potenciar unha actitude positiva do alumnado cara ás matemáticas. 3- Caracterizar a aprendizaxe do alumnado coa realización de propostas motivadoras. |
|||