O alumnado de 4º ESO D e de Economía e Empresa de 2º Bacharelato acudiu o luns 12 de marzo ao "Viveiro de Empresas" da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono Costa Vella. Alí tiveron a oportunidade de coñecer o labor desta iniciativa para o apoio das novas empresas. La Voz de Galicia, 14/03/2018 Esta visita encádrase dentro das accións formativas de fomento do espírito emprendedor que a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela leva a cabo nos centros educativos da súa demarcación. |
|||